Estatutos da Asociación
SECCIÓN PRIMEIRA
CAPÍTULO I
CONSTITUCIÓN, FINS, DENOMINACIÓN E ENDEREZO
Art. 1º.- A “Asociación profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia” é unha entidade creada ó amparo do artigo 22 da Constitución Española, e integrada polos membros de dita especialidade, que voluntariamente o soliciten e cumplan los requisitos establecidos nestos estatutos.
A Asociación terá personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, a través dos seus órganos respectivos, de acordo coas prescripcións legais e as súas normas estatutarias.
Art. 2º.- O ámbito territorial da Asociación ven delimitado pola Comunidad Autónoma de Galicia, podendo establece-las delegacións, oficinas e dependencias que estime oportunas.
Art. 3º.- A asociación debidamente autorizada ó efecto, fixa o seu domicilio social no domicilio do actual Presidente, en Rúa Laranxo nº. 2 – 3º F, Pontevedra.
Art. 4º.- Os fins da Asociación serán os seguintes:
a).- Fomentar e defende-los intereses xerais dos Axentes Forestais e Medioambientais, tanto individuais coma colectivos, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
b).- O fomento da solidariedade, comunicación e relacións entre os asociados.
c).- Colaborar coa Administración autónoma galega ós efectos de determinar as máis axeitadas condicións para a prestación dos servicios de ditos funcionarios dentro da función pública.
d).- Traballar coa Administración na elaboración das disposicións que lles afecten, a través da súa participación nas tarefas dos órganos correspondentes.
e).- A representación e defensa dos intereses profesionais dos seus membros diante da Administración Pública.
f).- A organización de cursos e conferencias, a edición de publicacións, individualmente ou en coedición con outras persoas ou entidades e, en xeral, promove-lo espírito de servicio á sociedade que implica o exercicio da función pública, así como mellorar a formación profesional dos seus membros.
g).- Calquer outra función que redunde no beneficio dos seus asociados e en xeral, todos aqueles fins que se acorden pola Asemblea Xeral, dentro dos límites establecidos polas disposicións vixentes e os Estatutos da Asociación.
Art. 5º.- Para o cumprimento destes fins, a Asociación poderá federarse, sindicarse, confederarse e unirse a outras asociacións que defendan o carácter de profesionalidade, de acordo coa “O.I.T.” (Organización Internacional do Traballo), sen perde-la súa personalidade e o seu patrimonio.
CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS
I: DISPOSICIÓNS XERAIS:
Art. 6º.- Establecense como disposicións xerais os seguintes apartados:
1).- Poderán ser membros desta Asociación os Axentes Forestais e Medioambientais que presten servicio na Comunidade Autónoma de Galicia.
2).- A condición de Asociado adquirirase mediante petición por escrito á Xunta Directiva, que será o órgano encargado de aproba-lo seu ingreso. Nese escrito o interesado fará constar as circunstancias persoais que xustifiquen a súa solicitude, así como o coñecemento e aceptación dos Estatutos, causando alta na data que se lle comunique oficialmente pola Xunta Directiva.
3).- Tódolos Asociados serán activos e terán iguais dereitos e obrigas, excepto os asociados xubilados que non reportarán ningunha cota e serán socios con voz pero sen voto.
II: OBRIGAS E DEREITOS DOS ASOCIADOS
Art. 7º.- Son dereitos dos asociados:
a).- Comparti-las finalidades da Asociación e colaborar para a súa consecución.
b).- Esixir que a atividade da Asociación se axuste ó cumprimento dos seus fins e ás disposicións legais en vigor.
c).- Impugna-los acordos dos órganos da Asociación que considere contrarios ou lesivos ás leis ou ós estautos.
d).- Ser informado acerca da composición dos órganos de goberno e representación.
e).- Ser elector e elexible para os órganos de goberno e representación da Asociación.
f).- Informarse das súas atividades e examinar a documentación da Asociación.
g).- Elevar propostas e estudios ós órganos de goberno da Asociación para o mellor cumprimento dos fins desta.
h).- Recibir copia dos Estatutos e das suas modificacións.
i).- Expresar libremente as súas opinións no seo da Asociación.
j).- Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra él e ser informado dos feitos que den lugar a tales medidas.
k).- Recibir da Asociación todo o apoio que individualmente puidera precisar.
l).- Separarse libremente da Asociacin.
m).- Calesquera outros que se lle confiran polos presentes Estatutos ou por disposicións legais.
Art. 8º.- Son deberes dos asociados:
a).- Contribuír ás atividades da Asociación.
b).- Cumplir fielmente coas normas dos Estatutos.
c).- Acata-las resolucións dos órganos rectores da Asociación, sen perxuizo dos recursos que, no seu caso, sexan procedentes.
d).- Asistir ás Asembleas, tanto Xerais como Extraordinarias, podendo delega-la súa representación por escrito noutro asociado, según o modelo de delegación previamente establecido pola Xunta Directiva.
e).- Contribuír economicamente ás cargas sociais na contía que para tódolos socios sexan establecidas pola Asemblea Xeral da Asociación.
f).- Velar coa súa conduta e opinións polo bo nome da Asociación.
g).- Calquera outro que se lles impoña nos Estatutos ou por disposicións legais vixentes.
III: CAUSAS E PROCEDEMENTOS PARA A PERDIDA DA CONDICIÓN DE ASOCIADO:
Art. 9º.- A condición de Asociado ou membro da Asociación, perderase por algunha das seguintes causas:
a).- Por decisión voluntaria do Asociado, que deberá ser manifestada por escrito á Xunta Directiva da Asociación. Tal decisión implicará que non poderá reintegrarse na Asociación no plazo mínimo de un ano.
b).- Por acordo da Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, por causa xusta, previa audiencia do interesado, cando o Asociado realice actos contrarios ós intereses ou diretrices da Asociación, o seu funcionamento democrático ou a súa imaxe pública. Esta expulsión será recurrible diante a Asemblea Xeral, na primeira sesión inmediata ó acordo de expulsión. Abertas as correspondentes quendas, e sometida a votación nominal e secreta a proposta de expulsión, deberase aprobar ou rexeitar pola maioría de 2/3 do número total de asistentes.
ign=”justify”>c).- Por falla de pago das cotas asociativas correspondentes a seis meses vencidos sen atende-lo requerimento formal para o seu abono. A Xunta Directiva acordará de oficio a baixa, comunicarallo ó interesado e dará conta á primeira Asemblea Xeral Ordinaria que se celebre.
d).- Por cesación da relación laboral, de acordo co previsto na lexislación vixente.
SECCIÓN SEGUNDA
CAPÍTULO I
DOS ÓRGANOS DE GOBERNO, ADMINISTRACIÓN E REPRESENTACIÓN
Art. 10º.- Esta Asociación rexerase, ademáis de polos presentes Estatutos, polos acordos, validamente adoptados polos seus Órganos de Goberno:
a).- A Asemblea Xeral.
b).- A Xunta Directiva.
CAPÍTULO II
DA ASEMBLEA XERAL
Art. 11º.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación, e estará constituída por tódolos seus membros. Rexerase de acordo co previsto nos seguintes apartados:
a).- A Presidencia da Asemblea Xeral será exercida polo Presidente da Xunta Directiva, actuando en calidade de mesa da mesma os restantes membros de dita Xunta.
b).- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario no primeiro trimestre de cada ano, debendo ser convocada polo Presidente, mediante citación remitida por correo, debendo transcorrer como mínimo 15 días naturais entre a data da convocatoria e a sinalada para a celebración da Asemblea.
c).- Con carácter extraordinario reunirase por iniciativa da Xunta Directiva, debendo ser convocada con dez días como mínimo de anticipación, ou se o solicitan por escrito un número de asociados non inferior ó 10%. Neste segundo suposto, non deberán transcorrer máis de trinta días dende a data de recepción da petición á Xunta Directiva ata a reunión da Asemblea.
d).- En calquera caso, quedará validamente constituída cando, en primeira convocatoria, concorran a ela a maioría simple dos asociados, persoalmente ou por representación. En segunda convocatoria quedará validamente constituida calquera que sexa o número de asistentes. O seu Presidente e o seu Secretario serán designados, de forma expresa, ó inicio da reunión.
Art. 12º.- Os acordos adoptaranse polos principios maioritarios, sendo válida a tal efecto a maioría simple das persoas presentes ou representadas, excepto no previsto no seguinte artigo.
Art. 13º.-Os acordos que impliquen a modificación dos estatutos ou se refiran á federación ou confederación da Asociación con outras entidades; os acordos relativos á disolución da Asociación, remoción ou cesamento da Xunta Directiva en pleno ou de algún dos seus membros, e disposición ou alleamento de bens propios da Asociación.
Estos acordos requerirán en todo caso:
1).- Que expresamente figure na orde do día a modificación pretendida.
2).- A concorrencia da maioría absoluta dos asociados
3).- O voto favorable das duas terceiras partes dos concorrentes ou representados.
Art. 14º.- Cando a Xunta Directiva da Asociación estime que existen razóns de urxencia, non será necesario o cumprimento dos requisitos establecidos nos anteriores apartados para convoca-la Asemblea. En tal caso, será suficente anuncia-la convocatoria por telegrama ou outro medio que a confirme a cada un dos asociados, quedando validamente constituida cando concorran, como mínimo, o 25% dos seus membros e acorden, por maioría de 3/4 , fisicamente ou por representación, constituirse en asemblea.
Art. 15º.- Os asociados que desexen someter a votación en Asemblea Xeral algún tema de particular interese, non incluido na orde do día, deberán solicitalo por escrito á Xunta Directiva, con 5 días de antelación, polo menos, á data sinalada para a celebración da asemblea.
Art. 16º.- As votacións serán sempre individuais e secretas, polo que o funcionamento da Asociación terá que axustarse en todo momento ós principios democráticos. O réxime electoral garantirá que os cargos directivos se provean mediante Sufraxio Individual Libre e Secreto.
Art. 17º.- Os acordos da Asemblea Xeral e das Asembleas extraordinarias consignaranse no correspondente libro de actas, o cal será custodiado polo Secretario e poderá ser consultado por tódolos asociados.
CORRESPONDE Á ASEMBLEA XERAL:
Art. 18º.- A Asemblea Xeral ordinaria coñecerá e resolverá, entre outros, os seguintes asuntos:
a).- A eleción, renovación ou remoción do Presidente, Vicepresidente e demáis membros da Xunta Directiva. Para a remoción da Xunta en pleno ou dalgún dos seus membros esixirase a proposta, ó menos, da maioría dos membros da Asemblea Xeral.
b).- Convoca-los órganos de representación da Asociación con carácter extraordinario, sempre que o soliciten un número de asociados non inferior ó 10%.
c).- Sinalar as diretrices xerais necesarias para que a Asociación cumpra os seus fins.
d).- Aproba-los Estatutos e as súas modificacións, por maioría cualificada, así como as normas que os desenrolen.
e).- Aprobar a Memoria anual de atividades da Asociación, así como as contas e presupostos e nomear censores de contas.
f).- Liquidación e aprobación, se procedese, das contas do exercicio anterior, e aprobación do presuposto para o exercicio correspondiente.
g).- Resolver sobre a aceptación de subvencións, donativos, créditos, contratacións de obrigas, así como a enaxenación ou gravames de bens e cantos asuntos afecten ó patrimonio asociativo que deberá aprobarse por maioría.
h).- Fixación e modificación das cotas ordinarias e extraordinarias a pagar polos asociados. Estas cotas serán a fondo perdido e unha vez formalizadas, non serán devoltas en ningún caso.
i).- Resolución dos recursos que se interpoñan, en relación coa admisión e separación de asociados.
j).- Aprobación, no seu caso, da acta da derradeira sesión celebrada con anterioridade.
k).- Nomeamento dos “Socios de Honra”, a proposta da Xunta Directiva, ben por iniciativa propia ou de calquera dos asociados.
l).- Calquer outro incluido na orde do día, así como os rogos e preguntas que en cada sesión se susciten.
Art. 19º.- Toda Asemblea xeral de asociados que non sexa prevista no artigo anterior, e en particular a que teña por obxecto tratar temas relativos á federación ou confederación da Asociación con outras semellantes, a afiliación a elas, ou á disolución da propia Asociación, terá a consideración de extraordinaria.
CAPÍTULO III
DA XUNTA DIRECTIVA
Art. 20º.- A Xunta Directiva estará composta por:
– Presidente.
– Vicepresidentes (en número de 4: un por cada provincia).
– Secretario.
– Tesoureiro.
– Os vogais que, se fose o caso, fosen elexidos en Asemblea.
Art. 21º.- Os principios que rexerán a elección, constitución e funcionamento da Xunta Directiva serán os seguintes:
1).- A xestiión da Asociación, así como a súa repres
entación, corresponden á Xunta Directiva.
2).- Para ser membro da Xunta Directiva será requisito imprescindible ser maior de idade, ser membro da Asociación, estar en pleno uso dos dereitos civís, e non estar incurso por motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.
3).- Quen desexe presentarse como candidatos á Xunta Directiva deberá presenta-la súa candidatura ante esta con un mes de antelación.
4).- O voto para a eleción da Xunta Directiva será directo, individual e segredo, podendo emitirse incluso por correo. Elexiranse os seis candidatos que obteñan o maior número de votos, dos cales o candidato con maior número de votos corresponderá ó cargo de Presidente, seguido do Secretario, e os seguientes máis votados serán os dos vicepresidentes. A Xunta Directiva designará, de entre os seus membros, os asociados que deban de exerce-los cargos de tesoureiro e, se fose o caso, de vogais.
5).- Os membros da Xunta Directiva serán renovados cada dous anos, salvo moción de censura contra algún dos seus membros, que deberá ser promovida pola sinatura das 2/3 partes dos asociados e resolverse en Asemblea Xeral convocada en sesión extraordinaria.
6).- Para que a Xunta Directiva quede validamente constituida será necesaria a asistencia persoal do Presidente, ou de quen o sustitúa estatutariamente, e de, polo menos, a metade dos seus compoñentes.
7).- A Xunta Directiva reunirase en sesión cando sexa convocada polo Presidente, Secretario ou calquera dos vicepresidentes provinciais. Tal petición de convocatoria deberá estar expresamente xustificada.
8).- O Presidente ostenta en tódolos casos a representación legal da Asociación, incluso ante calquer xulgado ou tribunal, de calquer clase ou xurisdición.
9).- No suposto de dimisión da Xunta Directiva, convocarase inmediatamente unha Asemblea Xeral extraordinaria para a eleción dunha nova Xunta, debendo permanecer á fronte da Asociación a Xunta Directiva dimitida ata a toma de posesión dos membros da nova Xunta.
10).- Nos casos de ausencia, enfermidade, falecemento, renuncia, remate da súa condición de empregado público ou cese do Presidente, e en tanto non se reintegre no seu cargo ou se elixa a outro novo, o Secretario, e no seu defecto: o Vicepresidente con maior número de votos, no momento de eleción da Xunta Directiva, asumirá tódalas funcións, facultades e deberes do Presidente.
11).- No caso de ausencia do Secretario, un dos membros designados polo Presidente fará as súas funcions ós efectos exclusivos desa reunión.
12).- Nos casos de baixa no seo dos restantes membros da Xunta Directiva, a sustitución realizarse polos candidatos con maior número de votos por orde correlativo.
13).- Os cargos da Xunta Directiva poderán causar baixa por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumplimento das oblligacións que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.
14).- Os resultados das deliberacións serán inscritos no libro de actas, e refrendaranse coas sinaturas do Secretario e do Presidente.
15).- Os acordos tomaranse por maioría simple dos asistentes, decidindo, en caso de empate, o voto do Presidente ou quen faga as súas veces.
16).- Os membros da Xunta Directiva cesarán automaticamente no seu cargo en caso de baixa da Asociación.
17).- Os seus membros non poderán recibir retribucións en función do cargo.
Art. 22º.- Correspóndelle ó Presidente:
a).- Ostenta-la representación da Asociación en tódaslas súas relacións.
b).- Abrir e pecha-las sesións da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva; manter nelas a orde, conceder e rexeita-la palabra e dirixi-los debates.
c).- Autorizar coa sua sinatura as comunicacións, escritos e documentos da Asociación que así o requiran.
d).- Executa-los acordos dos órganos representativos da Asociación, asinando cantos documentos públicos ou privados sexan necesarios ó efecto.
Art. 23º.- Correspóndelle ó Secretario:
a).- O Secretario, baixo a autoridade da Presidencia, dirixirá os servizos e coordinará de maneira inmediata as diferentes atividades da Asociación, auxiliará ó Presidente na redación da Orde do Día das Asembleas e da Xunta Directiva, outorgará e autorizará, baixo cantos escritos e documentos sexan necesarios para a execución dos acordos e para a boa marcha da Asociación. Asimesmo, terá ó seu cargo os Libros de Actas e o Rexistro Xeral de Asociados.
b).- O Secretario da Asociación poderá sustituir ó Presidente en tódolos casos nos que os presentes Estatutos esixan a presencia deste. Esta sustitución producirase por delegación expresa do Presidente, ou por razóns de enfermidade, ausencia ou vacante deste.
Art. 24º.- Correspóndelles ós Vicepresidentes:
Os Vicepresidentes provinciais exercerán a representación da Asociación nas súas respectivas demarcacións territoriais, e baixo a supervisión do Presidente, exercerán funcións de coordinación, control, información e reunión dos membros asociados, e todas aquelas outras que respondan ós fins propios da Asociación, atividades das cales darán conta ó Presidente nas reunións periódicas da Xunta Directiva.
Art. 25º.- Correspóndelle ó Tesoureiro:
O Tesoureiro recaudará e custudiará os fondos da Asociación e dará cumplimento ás ordes de pago que expida o Presidente ou quen legalmente o sustitúa. A sua sinatura, xunto coa do Presidente e Secretario, será válida para tódolos asuntos económicos.
Art. 26º.- A compravenda de bens, valores e efectos, a cesión de dereitos e o arrendamento de aqueles, a constitución de hipotecas e a celebración doutras operacións de préstamo e crédito deberán ser autorizadas e decididas previamente, de xeito expreso, pola Xunta Directiva, consultada previamente á Asamblea e contar coa aprobación maioritaria desta.
Art. 27º.- Tanto o Presidente, Vicepresidentes, Secretario como Tesoureiro e Vogais, en caso de que sexan nomeados, respostarán en calquera momento da súa xestión ante a Asemblea Xeral.
Art. 28º.- CORRESPONDE Á XUNTA DIRECTIVA:
a).- As facultades da Xunta Directiva esténdense, con carácter xeral, a tódolos actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requiran autorización expresa da Asemblea Xeral.
b).- A direción ordinaria da Asociación, de conformidade coas diretrices e decisións da Asemblea Xeral.
c).- O informe sobre a Memoria de atividades que renda o Secretario Xeral á Asemblea Xeral.
d).- O informe sobre os presupostos e contas que renda o Tesoureiro á Asemblea Xeral.
e).- Suplir, con carácter de urxencia á Asemblea Xeral. Neste caso deberá someterlle os acordos para a súa ratificación.
f).- A admisión de asociados que reúnan as condicións fixadas polos Estatutos, e que deberá ser referendado pola Asemblea Xeral.
g).- Calesquera outras que foran encomendadas pola Asemblea Xeral, polosxpresentes Estatutos ou por disposicións legais.
Art. 29º.- A XUNTA DIRECTIVA REUNIRASE:
a).- Cada catro meses.
b).- Cando a convoque o Presidente cun mínimo de dez días d
e antelación.
c).- Cando o soliciten ó Presidente o Secretario ou calquera dos Vicepresidentes. Neste caso, non deberán transcorrer máis de quince días entre a data de recepción da petición e a reunión da Xunta Directiva.
d).- Se o Presidente non convocara a Xunta Directiva tal e como se establece nos apartados anteriores, poderá facer a convocatoria o Secretario nun prazo de dez días, transcorridos os mencionados no apartado “c” deste artigo.
Art. 30º.- Considerarase válida a reunión de Xunta Directiva cando asistan a maioría dos seus membros. En caso de ausencia do Secretario, un dos membros designados polo Presidente fará as súas funcións, ós efectos exclusivos desa reunión.
Art. 31º.- Os acordos da Xunta Directiva adoptaranse por maioría.
SECCIÓN TERCEIRA
CAPÍTULO I
ADMINISTRACIÓN E CONTABILIDADE
Art. 32º.- O patrimonio fundacional da Asociación é de VINTE MIL PESETAS, non fixándose límite para o seu presuposto anual.
Art. 33º.- A Asociación terá os seguintes recursos económicos e medios de financiamento:
a).- As cotas ordinarias dos asociados, que se establecerán anualmente.
b).- As doazóns e legados que ó seu favor puideran facerse por persoas físicas ou xurídicas españolas.
c).- As subvencións que lle puideran corresponder por parte da Comunidade Autónoma de Galicia e do Estado Central.
d).- Os ingresos procedentes da venda de publicacións e doutras atividades exercidas pola Asociación en cumplimento dos seus fins propios.
e).- Calesquera outros que autoricen as Leis e os Estatutos.
Art. 34º.- Os beneficios obtidos, se fose o caso, deberán destinarse exclusivamente ó cumplimento dos fins propios da Asociación.
Art. 35º.- Calquer asociado poderá coñecer a situación económica da Asociación mediante petición dirixida por escrito con, ó menos, 15 días de antelación ó Tesoureiro da mesma, podendo examinar cantos libros ou estados de contas considera do seu interese.
Art. 36º.- A Asemblea Xeral da Asociación fixará unha cota mínima anual igual para tódolos asociados. Os xubilados estarán exentos do pago de cotas.
Art. 37º.- A elaboración dos presupostos de ingresos e gastos da Asociación deberán ser elaborados polo Tesoureiro e serán sometidos para a súa aprobación en Asemblea Xeral.
Art. 38º.- A data de cerramento do exercicio económico será o 31 de decembro de cada ano en curso.
Art. 39º.- Si se disolvese a Asociación, unha vez zanxadas as súas obrigas pendentes, o patrimonio resultante adicarase na súa totalidade a fins benéficos relacionados coa atividade medioambiental. A tal efecto, a Xunta Directiva actuará como Comisión Liquidadora, ostentando a representación, a estos fins, da Asociación, a cal conservará a súa personalidade xurídica ata que, rematada a liquidación, se practique o asento de extinción no Rexistro correspondente.
En todo caso, o destino do seu patrimonio non poderá ter, en ningún caso, carácter lucrativo.
CAPÍTULO II
RÉXIME DOCUMENTAL
Art. 40º.- Cando menos, a Asociación terá o seguinte réxime documental:
a).- Libro de Rexistro Xeral de asociados, con numeración correlativa, no que constarán os datos persoais, así como o posto de traballo de cada un dos membros compoñentes da Asociación.
b).- Libro de Actas da Asemblea Xeral.
c).- Libro de Actas da Xunta Directiva.
d).-Libros de Contabilidade necesarios para o debido control dos ingresos, pagos, contas correntes bancarias, contas de aforro, etc.
Art. 41º.- Todos e cada un dos asociados terá dereito a acceder á documentación enumerada no anterior artigo, a través dos órganos de representación, nos termos previstos na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de proteción de datos de carácter persoal.
CAPÍTULO III
MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS
Art. 42º.- Para a revisión e modificación dos presentes Estatutos, fará falla acordo favorable da Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación que se convoque especificamente ó efecto, así como o especificado no artigo 13º.
Art. 43º.- A revisión ou modificación dos Estatutos poderá ser proposta á Asemblea Xeral:
a).- Por iniciativa da maioría dos asociados.
b).- Por acordo da Xunta Directiva da Asociación. En todo caso, e antes de que se pronuncie a Asemblea Xeral sobre a modificación ou revisión dos Estatutos, será necesario que se coñeza o informe que sobre o tema terá que presentar o Secretario Xeral no prazo dun mes.
SECCIÓN CUARTA
DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN E DESTINO DO SEU PATRIMONIO
Art. 44º.- Sen prexuízo ás causas de disolución da Asociación á que fai referencia o Real Decreto 1839/1976, de 16 de xullo, a “ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS DE GALICIA”, poderá disolverse por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria, co voto favorable da maioría cualificada dos seus asociados, según o expresado no art.13º.
A liquidación do seu patrimonio será decidida en Asemblea extraordinaria, convocada a efectos de disolución, e será responsabilidade dos membros da Xunta Directiva as xestións precisas a tal efecto.
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
Ademáis dos asociados definidos no artigo sexto, poderán ser asociados todos aqueles xubilados que o sexan na data de constitución da “ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS DE GALICIA”, ou se xubilen ó longo dos anos de existencia da mesma, e soliciten a súa inscripción durante este período dun ano seguinte á súa xubilación efectiva.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA
Os presentes Estatutos adecúanse ó establecido na Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.