Pandora, un novo portal de información xeográfica
Nesta ocasión véñovos a contar o nacemento dun novo portal especializado en procuras de información sobre biodiversidade. Para que teñades unha breve referencia, desde a súa web podemos ler un resumo da súa filosofía. Aquí vos deixo o devandito resumo:
“Pandora DB é o primeiro buscador de biodiversidade nacional cun motor de procura propio que identifica todos os elementos físicos e biolóxicos da IDE nacional proporcionando información ecolóxica cun radio de procura de 500 metros á redonda. Esta procura fai de Pandora DB unha ferramenta clave para documentar inventarios de Avaliacións de Impacto Ambiental e outros documentos de igual temática.
A información provén de datos oficiais de difusión pública e foron cruzados, revisados, analizados e procesados para documentar de forma sinxela calquera aspecto ambiental en calquera parte do territorio Español. Máis de 43 millóns de rexistros ambientais estruturados baixo 76 parámetros ambientais e 10 ámbitos temáticos fan de Pandora DB o buscador ambiental máis complexo e potente a nivel nacional e mundial.”
Como veredes, non soamente podemos acceder a información xeográfica (en formato shp), senón tamén a documentación específica sobre lexislatura e outras temáticas relacionadas, polo que pode ser moi boa ferramenta de apoio para as persoas que se dediquen a temas de temática ambiental.