25.11.2008. Comisión de seguimento do acordo do persoal laboral da CMADS

 

 
OFICIAIS DOS RECURSOS NATURAIS
 
NESTA COMISIÓN TRATASE A RECLASIFICACIÓN (DENOMINACIÓN E FUNCIÓNS) DOS CELADORES DE SEGUNDA/VIXIANTE DOS RECURSOS NATURAIS DO GRUPO V, NO IV OFICIAL DOS RECURSOS NATURAIS.
 
Tra-lo estudo da proposta presentada pola admón a CIG alega principalmente a  definición da dependencia funcional desta categoría que deberá ser dos axentes forestais/facultativos medioambientais tamén en parques e reservas, a imprescindible definición de tódalas  funcións (“excepcionais”, “aquelas outras que por razons de servizo se lle encomenden..”). Funcións nas  que  pode haber duplicidade coas tarefas de outros traballadores/as da admón.

 
As outras organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF piden un cambio na denominación desta categoría pasando a chamarse GARDA RURAL ou GARDA DOS RECURSOS NATURAIS. Demandan que exerzan funcións de policía e custodia, tamén que podan facer  denuncias, a condición de axentes de autoridade e a conseguinte documentación acreditativa. UGT ademais pide non depender da escala de axentes forestais/f. medioambientais. Outra petición destas organizacións sindicais é suprimir o  mantemento xa que “isas tarefas son propias de traballadores non cualificados”.    A realización do guiado e precintaxe e aquelas outras que podan corresponderse coa “condición de policía”. ¿cal é a cualificación que se lle esixe a estes traballadores?Tras a protesta da CIG a admón e os outros sindicatos respostan que non aprecian que haxa duplicidade nin usurpación de funcións ademais de xustificar a necesidade polos poucos axentes forestais/f.medioambientais que quedan no verán polos incendios¿ehh??Entón, non quedabamos en que non habia duplicidade??
 
A CIG está totalmente en contra desta proposta por ILEGAL e ILEXÍTIMA. Acúsasenos de querer aproveitar a reclasificación para quitar competencias que xa tiñan os celadores de 2ª/vixiantes dos recursos naturais, A Vixilancia é unha competencia dos axentes forestais e asi ven recollida no seu regulamento (D293/97). Xa está ben de chanchulladas e improvisacións!!. Este persoal carece da presunción de veracidade por non ser funcionarios/as nin teñen recollida a  condición de axentes de autoridade na norma legal polo que non poden facer labores de vixilancia, non ten sentido nin é eficaz.
 
En resumo, a CIG non se opón a reclasificación dos Vixiantes de Recursos Naturais, pero creemos que é necesario un protocolo de funcións que complementen as realizadas polos Axentes Forestais, e non  invadan o campo de actuación destes,  en beneficio da eficacia e a eficiencia do servizo que se dá a cidadanía. {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies