PERSOAL LABORAL CONSELLERÍA MEDIO AMBIENTE
Comisión seguimento Acordo Cª. Medio Ambiente
(25/11/08)

 

 
Celebrouse a xuntanza programada para a data citada no curso da cual as organizacións sindicais integrantes do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia presentamos as alegacións á proposta da Consellería para levar adiante a reclasificación ao Grupo IV dos Vixiantes de Recursos Naturais.
 
As alegacións máis salientables da UGT foron as seguintes:
 
  • Denominación: Garda de Recursos Naturais;
  • Dependencia funcional: Técnico ou responsable do Distrito;
  • Atribucións: Policia, control e vixilancia (no lugar de Custodia);
  • Guiado de pesca e caza;
  • Aquelas outras que poidan corresponderlle por necesidades do servizo segundo a lexislación vixente.

 
En senso similar foron as alegacións de CCOO , ainda que solicitan a supresión do mantemento e tamén que a dependencia sexa do Axente Territorial, Zonal ou Técnico e que aquelas outras funcións a realizar sexan as que “por razós da sua competencia se lle encomenden”, solicitando tamén a consideracion de axente da autoridade. A CSIF pronunciouse en termos similares.
 
Absolutamente sorprendente foi a intervención da portavoz da CIG que denuncióu que a proposta da Consellería solapa as funcións dos Axentes Forestais e duplica as mesmas, apelando ao regulamento dos A.F., amosandose dacordo coa denominación de Oficial de 2ª de R.N., coa dependencia dos Axentes Forestais, solicitando a eliminación da Vixilancia e pedindo que os V.R.N. se dediquen a cousas como limpeza dos frezadoiros, control de especies invasoras e obras. Incluso apelóu á sua condición de Axente Forestal para xustificar a súa postura. Cousas verdes. Esperemos  que a CIG mande á Mesa na próxima xuntanza alguén que defenda os intereses dos VRN, que é o habitual, e non alguén que vaia a defender intereses doutros colectivos.
 
A Consellería estudiará as alegacións das organizacións sindicais e fará outra proposta na que esperemos recolla o espiritu do que se pretende: Axustar as funcións á realidade, clarificalas e unha maior profesionalización.
 
Ainda tendo en conta o lóxico que resulta que a Consellería de Medio Ambiente obteña algunha contrapartida a cambio da reclasificación, a UGT garantiza que en ningún caso será a cambio de modificacións sustanciais das actuais condicións de traballo.
 
 
Santiago, 25 de novembro de 2008 {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies