Petición de CCOO
José Emilio Doforno Guzmán, Coordinador Xeral do Sector da Admón. Autonómica de CC.OO. de Galicia, con domicilio a efectos de comunicación na rúa Miguel Ferro Caaveiro 8-C – (Edificio Sindical) – San Lázaro – Santiago de Compostela, por medio do presente escrito, en representación da organización á que representa,
COMUNÍCALLE
Que CCOO rexeitou co bipartito e segue a rexeitar agora que as contratacións temporais ou fixas de SEAGA se empreguen para efectuar labores específicas de PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS toda vez que tales cometidos, por seren de especial interese xeral socialmente prioritario en Galicia, correspóndelle ser cometido principal e prioritario do Persoal do SERVICIO PÚBLICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.
Por todo elo, SOLICÍTALLE:
1º.- Que dea a instrución inmediata máis oportuna para que, de xeito cautelar, se anulen tódolos actos administrativos derivados do ANUNCIO publicado na páx. 8.344 do DOG nº 86 do 5 de maio de 2009 de contraccións temporais de SEAGA para prevención e extinción de incendios forestais.
2º.- Que dea a orde oportuna para que tódalas contratacións de persoal que se precisen para reforzar temporalmente ao SPDCIF na tempada de Alto Risco de Prevención e Extinción de Incendios Forestais de 2009 se efectúe exclusivamente a través do Decreto 37/2006 que regula o sistema público de listas de contratación temporais e substitucións para a cobertura de postos de traballo no Servicio Público de Prevención e Extinción de Incendios Forestais de Galicia (SPDCIF).
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2009.
Asdo. J. Emilio Doforno Guzmán
Coordenador Xeral – Sector Admón Autonómica – CCOO – Galicia
SR. SECRETARIO XERAL
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
SANTIAGO DE COMPOSTELA