Petición de móbiles para os Axentes forestais de Medio Rural

 

O escrito foi enviado ó Secretario Xeral Técnico e ó Director Xeral de Montes, agardemos que teñan a ben aceptala petición xa que é un medio moi básico e fundamental.

 

Para un axeitado desempeño das actividades propias dos Axentes Forestais, é preciso que dispoñan dunha comunicación fluida e directa coas oficinas do Distrito e da Delegación para a transmisión dos oportunos avisos, ademáis da recepción das chamadas que efectúan continuamente os particulares.

 

Ata o día de hoxe esta comunicación canalizábase a traveso do teléfono móbil particular de cada Axente, cos inconvintes que isto comporta.

 

O uso das emisoras non aparece como a mellor fórmula para a notificación dos avisos, por elo, estimamos oportuna a dotación dun teléfono mobil ós Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural para o desenvolvemento da súa actividade laboral nas mesmas condicións cas que disfrutan os Axentes Forestais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

 

Pontevedra, 19 de abril de 2007.
O PRESIDENTE DE APRAFOGA

 

 

 

Miguel García Fernández{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies