Petición xuntanza comisión de seguimento do Acordo
José Francisco Núñez Rodríguez, como Secretario Nacional do sector de Autonómica de FSP-UGT,
Que o sindicato UGT, reitera a petición dunha xuntanza, realizada xa en abril do presente ano xunto co resto dos sindicatos maioritarios, cos responsabeis en materia de montes e medio ambiente, co obxecto de tratar a actual situación do colectivo das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais, funcionarios/as da Xunta de Galicia.
Na actualidade este colectivo está a vivir unhas circunstancias de agravio derivadas da falla de consenso cos traballadores e da inexistencia dun acordo de condicións de traballo actualizado. Esta debe ser unha ferramenta viva con reunións periódicas da Comisión de seguimento, que garanta a aplicación do mesmo, resolva os problemas plantexados e axude a mellorar o funcionamento dos respectivos servizos.
Ademáis existe unha falla de Regulamento de funcións para a escala de Axentes Facultativos Medioambientais, sendo este necesario para o correcto desenvolvemento do noso traballo.
Este e outros problemas destes colectivos, así como a demora con que esta reunión está a ser convocada, fainos solicitar con caracter de urxencia a concesión desta xuntanza.
A Coruña, 02 de outubro de 2009
José Francisco Núñez Rodríguez
Consellería do Medio Rural
Secretaría Xeral
{xtypo_info}O escrito foille enviado tamén á Dirección Xeral de Montes e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza{/xtypo_info}