Plataforma en defensa do servizo público de prevención e defensa contra incendios forestais

Está integrada polos traballadores que forman parte do dispositivo de prevención e defensa contra incendios forestais, os sindicatos CIG, UGT, CNT; as asociacións APROPIGA e APRAFOGA. (Aberta a todos aqueles axentes sociais que se queiran sumar).

DENUNCIAN

A política de privatización e desmantelamento que o goberno do PP esta a levar a cabo co SPDCIF.

Esta política de privatización e despilfarro de recursos públicos ven de agravarse no presente ano no que tiveron entrada na loita contra os incendios forestais empresas plenamente privadas, que pretenden obter beneficio económico por apagar os lumes que se producen no noso País. É unha privatización en toda regra que se suma ao desmantelamento planificado nestes últimos anos do servizo propio da Xunta de Galicia.

A día de hoxe son xa cinco os instrumentos que a administración galega emprega no operativo de extinción. Persoal da Xunta, da empresa pública Seaga, de Tragsa, de Natutecnia e dos concellos (GRUMIR); cada un coas súas condicións laborais propias, sen que sexa posible que exista unha coordinación axeitada, e que o que pretende realmente é só man de obra barata e sen dereitos laborais. Polo tanto sen experiencia e non profesional. Unha política absolutamente irresponsable nun tema tan complicado en Galicia como o dos lumes, e onde se renuncia de antemán a realizar unha política preventiva e forestal verdadeira de tal nome.

En vistas da situación, as organizacións UGT, CIG, CNT, APROPIGA e APRAFOGA, constituímos esta Plataforma, que se fundamenta nas seguintes reivindicacións:

  • Defensa dun Servizo Público, Único e Profesional de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.
  • Contratación de todo o persoal realizada a través dun sistema único de listas de contratación, dentro do ámbito da función pública.
  • Profesionalización do dispositivo e a racionalización do gasto utilizado na extinción para non seguir contribuíndo a economía do lume.
  • Pacto político-social coa participación de tódolos axentes implicados na defensa do monte galego co dobre obxectivo, retirar a loita contra  o lume do ámbito partidista, así como de consensuar unha verdadeira política forestal que prime a prevención, a conservación e a posta en valor do noso medio ambiente fronte as políticas exclusivas de extinción levadas a cabo nas derradeiras décadas.

Para levar acabo estes plantexamentos esiximos a apertura inmediata dunha mesa de negociación e facemos un chamamento público á sociedade galega a apoiar esta iniciativa de racionalizar a situación do monte galego, e en especial anima ás diferentes organizacións e colectivos vinculados ao sector forestal e ao mundo rural a sumarse a esta Plataforma, e a apoiar as súas mobilizacións.

A seguridade e saúde laboral dos traballadores/as, así como a protección do medioambiente deben estar por riba de calquera recorte, porque a falta de seguridade costa vidas humanas e o deterioro do medioambiente o imos a sufrir tódolos cidadás, tamén no futuro. O Sector forestal constitúe ”ouro verde” de Galicia, polo que debemos defendelo e protexelo entre todos das erradas políticas levadas a cabo polos diferentes gobernos galegos.

MANIFESTACIÓN, SÁBADO 29 DE SETEMBRO, ÁS 11:30 HORAS DESDE A ESTACIÓN DO TREN DE COMPOSTELA. HABERÁ AUTOBUSES DESDE AS COMARCAS. PARTICIPA!!!

 

 

Propostas que sairon dos asistentes á rolda de prensa en defensa do servizo público de defensa contra incendios froestais o 24 de setembro de 2012
  • Asambleas conxuntas provinciais: Proponse que cadaquén informe do mellor xeito posible. É preferible pasar dúas veces por un distrito que non pasar.
  • Manifesto final: Proponse que ata o xoves se sigan sumando axentes sociais e nos enviaremos os correos matizacións e correccións sobre o manifesto inicial.
  • Lectura do manifesto: Propúxose que o lera un axente forestal como responsable da extinción nos incendios, un traballador temporal con experiencia calquera o algún personaxe representativo cultural (actor).
  • Autobuses: Proponse poñer catro liñas de buses en principio (se hai moita participación mirarase de contratar mais) , unha por cada provincia:
    Coruña: SAIDA – Distrito Forestal I(base Narón) – Distrito Forestal II (no distrito en Betanzos) – Santiago .
    Lugo: SAIDA – A Pontenova – local dos sindicatos na cidade de Lugo –Monforte – Santiago .
    Ourense: SAIDA – Verín –Ourense – Carballiño – Santiago.
    Pontevedra: Ponteareas (distrito) – Vigo (Praza de España)- Pontevedra (Pavillón de deportes) –Santiago.

    Proponse poñer un prezo para cada traballador de 3 € e a diferenza aboaríase polos integrantes da plataforma equitativamente. CNT dixo que podía ter problemas para soster o custo, CIG dixo que se asumiría pola súa parte o que lle correspondera. Pendente de confirmar esa cuestión.

  • Megafonía: A pon a CIG que ten na Comarca de Santiago e non suporía un custe para a Plataforma.
  • Pancarta: A fai CIG que ten xente que a pode debuxar, queda pendente poñer logos.
  • Cartaz: Queda pendente o asunto de poñer os logos.
  • Manifestación: Pódese matizar ou acurtar o recorrido segundo as propostas ou o balance final o día da manifa.
  • Publicidade dos integrantes da plataforma: Barra libre, deixar libre a pancarta e detrás todos o que se queira. Chinos, bandeiras, cintas, letreiros, pegatinas etc.
  • Intendencia para a manifa: Botes de fume e petardos. Pedir a xente que vaia de uniforme. Megáfonos.
  • Queda pendente eslóganes ou cánticos: Por exemplo:

“Servizos públicos de calidade”, “NON – NON a privatización”, “Os lumes non se apagan coas palabras da Quintana”, “A culpa de quen é, do goberno do PP”.

 

{xtypo_feed}Percorrido da manifestación en formato PDF{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies