Desde CC.OO. planteamos as seguintes reivindicacións, co obxecto de negociar un novo acordo de condicións laborais na mesa de negociación Específica (Medio Rural, Medio Ambiente e Función Pública):
1.- CUESTIÓNS RETRIBUTIVAS: Baseadas en tres aspectos.
Mellora retributiva das gardas: incremento en 100 €/mes mais, polas gardas a realizar nos catro meses do período extraordinario, pasando a cobrar nese período 350 €/mes.
2.- CONDICIÓNS DE TRABALLO:
- Servicios nocturnos: serán localizados, agás que se habiliten locais preparados o efecto para a súa realización presencial, e por motivos de seguridade se realicen en parellas de 2 efectivos como mínimo.
- Determinación da xornada máxima anual en 1500 h: tendo en conta as especiais circunstancias do traballo a quendas, en festivos e domingos, así como en horario nocturno os 4 meses do período extraordinario.
3.- REGULAMENTO DE FUNCIÓNS:
- Integración do colectivo nunha única unidade funcional e administrativa (os distritos ambientais), mantendo, desenvolvendo e dotando de medios e formación as diferentes especialidades.
- Protocolos de actuación que clarifiquen como, cando e quen debe facer as distintas tarefas (actas, informes, fauna, lumes, rexistros, etc.)
- Uniforme oficial diferenciado, debidamente publicado no DOG.
- Acreditación e identificación: propia dos corpos con funcións de Axentes da Autoridade.
- Potenciación das funcións de Policía Xudicial, con dereito a dispor de armamento.
4.- EMPREGO E PROMOCIÓN PROFESIONAL:
- Integración do colectivo: Tódolos Axentes Forestais/Medioambientais integraranse no Grupo C.
- Ampliación de plantilla: Co obxecto de facilitar o desfrute de permisos, os dereitos de concialición, así como para facer fronte as novas cargas de traballo e para evitar os excesos horarios do período de máximo risco.
- Convocatoria do concurso de traslados: para resolver a situación dos Axentes en praza provisional.
- Cobertura inmediata de tódalas prazas vacantes, tanto en Medio Rural como en Medio Ambiente, e esixencia dunha axeitada regulación para a cobertura temporal en caso de vacacións, baixas por enfermidade, accidente, maternidade, embarazo, etc.
5.- XORNADA LABORAL, VACACIÓNS, PERMISOS E DESCANSOS:
Procederase a obxectivación, a concreción e o reordenamento, da xornada laboral, dos horarios ordinarios e das quendas do período extraordinario co obxecto de garantir as libranzas, os descansos, as compensacións por traballo en domingos e/ou festivos recuperables, o calendario de vacacións, etc., así como a adopción das medidas necesarias que favorezan e permitan a conciliación efectiva da vida laboral e familiar, mediante a elaboración de cuadrantes obxectivos para o período de vixencia do acordo, poñendo fin o recur
so permanente, discrecional e inxustificado das “necesidades de servicio”.
6.- FORMACIÓN E SAÚDE LABORAL:
- Elaboraranse, a través da EGAP, Plans Anuais Específicos de Formación.
- Polo que respecta á Saúde Laboral, elaborarase un Plan de Avaliación de Riscos Específicos e enfermidades profesionais, a través dos Comités de Saúde Laboral das Consellerías afectadas, co obxectivo de determinar as medidas preventivas a adoptar así como os equipos necesarios para garantir unha adecuada prevención dos riscos no traballo.
- Adaptación e mellora do actual seguro de morte e accidente.
- Seguro de responsabilidade civil axeitado ás características do noso traballo.
- Xubilación anticipada e voluntaria ós 55 anos e posibilidade de segunda actividade en tarefas máis administrativas de xestión e asesoramento.
Desde CCOO agardamos que, co apoio maioritario do colectivo de Axentes Forestais e Medioambientais, e desde a máxima unidade sindical, poidamos levar a diante esta plataforma reivindicativa na correspondente mesa de negociación.
xuño de 2008
ACCIÓN SINDICAL
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia{jcomments off}