Plataforma Sindical

Plataforma sindical de Axentes forestáis (14 de setembro de 2001)

 

Poñemos no seu coñecemento que con data 14 de setembro de 2001 quedou constituida a PLATAFORMA SINDICAL DE AXENTES FORESTAIS, composta polas seguintes organizacións: CIG, CC.OO, CSI-CSIF, UGT e o apoio da Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (APRAFOGA).

Debido ó escaso interese e vontade de negociación que o noso colectivo advirte por parte da Administración, a mencionada Asociación Profesional plantexounos como obxectivo inicial a constitución da Plataforma Sindical de Axentes Forestais como medio único válido para as actuacións que o noso colectivo demanda dende demasiado tempo atrás e que non obtiveron a resposta adecuada.

Os temas a abordar https://bestessayes.com/ 10pagepapers con carácter inmediato serán:

  1. Consecución efectiva do grupo “C”.

  2. Revisión e modificación do Regulamento da Escala (Decreto 293/1997) e da Orde de horarios e compensacións económicas por razón da actividade extraordinaria (Orde de 18 de novembro de 1997).

Por todo isto solicitamos unha reunión urxentemente.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2001.

Este documento foi rexistrado na mesma data -25 de outubro de 2001- no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Consellería da Presidencia e Admón. Pública, e dirixido ó Sr. Conselleiro de Medio Ambiente, asinado polos seguintes representantes sindicais:

Na data 14 de setembro de 2001 celebrouse unha reunión conxunta entre representantes dos Sindicatos (CIG, CCOO, CSIF e UGT) e a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (APRAFOGA), coa finalidade de acercar posturas en pro dunha defensa conxunta dos intereses do noso colectivo. Nesa reunión chegouse ó acordo de crear unha Plataforma conxunta intersindical para o estudio da situación actual e a elaboración de propostas unitarias, así como deseña-las liñas a seguir nas posteriores negociacións coa Administración.

A misión da Xunta Directiva da Asociación será a de exercer de moderadora e coordinadora nas reunións desta Plataforma, así como facerlle chegar, en base ás propostas que se haberán de elaborar nos diferentes Distritos, as necesidades e intereses reais do noso colectivo, así como informar ás diferentes unidades das conclusións e acordos adoptados nas reunións periódicas con esta Plataforma.

{jcomments off} 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies