Negociacións Administración e Plataforma Sindical
A plataforma de Axentes forestais e medioambientais de Galicia manterá o xoves 18 unha reunión co Director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, para tratar de acadar un acordo que solucione as reivindicacións do colectivo. Ante isto, e tras unha asemblea co conxunto de traballadores, a plataforma decidiu desconvocar a folga indefinida cuxo inicio estaba previsto para o día 10, deixándoa aplazada e con opción de recuperala en función da evolución da negociación.
Horas antes de desconvocar a folga, representantes da Administración autonómica mantiveron reunións por separado cos sindicatos integrados na plataforma (CC.OO., UGT e CSI-CSIF), no que os integrantes da plataforma cualifican de ”estratexia habitual” para crear división. ”Agora parece que hai premura para alcadar un acordo”, sinalou José Antonio Pérez Alvite, de UGT.
Ofertas insuficientes
Na oferta -non formalizada- da Xunta figura unha subida salarial do 6,5% (en aplicación práctica, ao redor de 50 euros brutos), por encima do 4% proposto inicialmente pero aínda por baixo do 10% mínimo de incremento que reclama a plataforma. Sobre o aumento de persoal solicitado (a actual non se modificou en 25 anos), a resposta da Administración é rotundamente contraria, alegando a situación de crise económica.
”Con todo, crean asistencias técnicas que saen máis caras que ampliar o persoal”, censuran desde a plataforma, criticando a privatización do servizo, xa que deixa a xestión de diñeiro público en mans de empresas privadas. Ademais, os Axentes forestais teñen carácter de Policía Xudicial e están acreditados para realizar inspeccións, algo que, segundo sinalan, non se pode desenvolver desde a empresa privada.
Desde a plataforma, segundo sinalou Alejandro Rodríguez, de CC.OO., queren compromisos firmes e por escrito por parte da Administración. ”O luns tivemos unha reunión informal na que se nos propuxo que desconvocaramos a folga”, indicou, sinalando que o tema é moi ”serio” e debe ser tratado de modo rigoroso. Para a folga indefinida, ademais, a administración propoñía uns servizos mínimos moi elevados, do 80% do persoal.
Manteñen movilizacións
Pese ao aplazamento da folga indefinida, a plataforma continuará coas concentracións de protesta do martes 16 ante a Consellería de Medio Ambiente, a Dirección xeral de Montes e Medio Rural.
A plataforma de axentes forestais e medioambientais da Xunta iniciou as protestas a comezos de agosto. Entre as súas demandas figura o aumento salarial para equipararse a funcionarios de igual rango e a compañeiros doutras comunidades, ampliación de persoal e mellora do equipamento, que consideran obsoleto. Try yourself at เว็บไซต์ gclub