Plenario da Coordinadora Federal de AA.FF e M.A da FSC-CCOO
Os días 25 e 26 de novembro do 2009 celebrouse en Madrid o Plenario da Coordinadora Federal de Axentes Forestais/Ambientais de FSC-CCOO coa participación dos representantes das CCAA que forman a Comisión Permanente da Coordinadora.
Os temas tratados foron:
- Incidir na difusión dos cursos que se imparten a través das distintas Secretarías de Formación de CCOO, así como os da plataforma UNED que van formar parte do Itinerario Formativo de cualificación profesional para Axentes Forestais/Ambientais.
- Actualizar o cadro salarial que recolle comparativamente ás distintas CCAA.
- Creación de 2 Grupos de Traballo que levarán 2 temas de gran calado dentro do colectivo: Formación e Saúde Laboral.
- Información das reunións mantidas nestes últimos 6 meses cos representantes de diversos partidos políticos para a consecución dos apoios parlamentarios á Lei Básica de Coordinación de AAFF/Ambientais proposta por CCOO.
- Información sobre os contactos mantidos co gabinete do Asesor en temas de Seguridade do Ministro do Interior para conseguir a modificación do actual Regulamento de Armas.
- Proposta realizada para modificar a redacción da LECr no que incumbe ao colectivo de AAFF/Ambientais.
- Estudo das Avaliacións de Riscos Laborais de Valencia e Castellón e debate sobre a distinta situación na que se atopan os territorios.
- Presentación do traballo sobre Radiacións Electromagnéticas elaborado por un compañeiro de Galicia e proposta de remisión a ISTAS (Instituto de Seguridade, Traballo, Ambiente e Saúde de CCOO).
- Mención á recente incorporación á Fiscalía de Medio Ambiente de 1 Técnico e 1 Axente Ambiental.
- Petición á Secretaría de Formación da FSC-CCOO de aumento do número de accións formativas específicas para o colectivo co fin de chegar ó maior número de CCAA. Con esta formación preténdese un incremento na capacitación e profesionalización do colectivo.
Por unanimidade dos integrantes da Coordinadora decidiuse seguir traballando na mesma liña que se seguiu até agora, co fin de perseguir avances homoxéneos en todo o Estado.
Coordinadora Federal de Agentes
Forestales/Medioambientales FSC-CCOO
R/ Cardenal Cisneros nº 65-1º 28010- MADRID
Tfno.: 689.57.56.91 e 91.2.73.51.60
forestales@fsc.ccoo.es