Problemas de acceso ó foro

 

Este tema vai dirixido a aqueles que non poden acceder ó foro ainda estando rexistrados, e non teño a menor dúbida de que si non poden é porque non saben facelo, e xa bastante choio teño como para arreglarlle o asunto a todos e cada un deles. Isto sucede porque non nos paramos a ler un pouquiño sobre o que se está facendo, e repito que funciona correctamente pois veño de probalo coa miña conta de usuario, ademáis, só lle pasa a uns poucos, os que vimos posteando mensaxes no foro con asiduidade, non temos ningún problema, e dito sexa de paso, esquece este tema si o que queres é seguir entrando no foro “para mirar”, para iso é mellor que mires para @ veciñ@ de enfrente cando lle apretan os calores.
Na páxina inicial do foro non fagas nada, só preme no botón do fondo á dereita “Iniciar sesión”, a continuación preme en “esquecín o meu contrasinal”, de seguido introduce o teu nome de usuario (importante: o nome de usuario que escolliche cando te rexistrache, por exemplo “Nosabo”, e introdúceo tal cual, respetando maiúsc
ulas e minúsculas, ó igual que o enderezo de correo-e, debe ser o que empregache cando te rexistrache, pois será ahí donde recibas o novo contrasinal). Vaite á túa conta de correo-e i activa o novo contrasinal a través da ligazón que se che envía, feito esto podes entrar xa no foro empregando o novo contrasinal que se che enviou automáticamente xunto coa ligazón anterior, que estará composto por unha serie de números e letras difícil de lembrar. O novo contrasinal pódelo cambiar por outro do teu gusto (pero lembra que antes debes acceder co contrasinal xerado automaticamente), unha vez iniciada a sesión correctamente, debes ir ó “Panel de control de usuario”, arriba á esquerda, logo vaite a “perfil” e finalmente a “Editar configuración da conta”, ahí introduces o teu contrasinal personalizado nas dúas primeiras casiñas e na terceira o actual, é decir, o xerado automaticamente polo foro e preme en “Enviar”.
Si sigues tendo problemas, tal vez non sexa o teu isto de andar pola rede.
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies