PROCESO SELECTIVO PARA A INTEGRACIÓN NA ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS/AS MEDIOAMBIENTAIS DA XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE FACENDA
De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as medioambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais.
Na dita lista provisional non figura ningún/ningunha aspirante excluído/a.
A listaxes de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.
Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos disporán dun plazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a dita falta de inclusión.
Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública