Proclamación O cambio climático
Nós os guardaparques delegados reunidos no VI Congreso Mundial de Guardaparques, na cidade de Santa Cruz Bolivia; representando a 43 países de 6 continentes, elevamos esta proclamación para a Convención das Nacións Unidas para o cambio climático a realizarse no mes de decembro de 2009, na cidade de Copenhagen:
Que como principais guardiáns das áreas protexidas, estamos situados e cualificados para cumprir un importante rol na protección dos valores das mesmas a nivel mundial;
Que o cambio climático representa unha verdadeira e seria ameaza para a vida humana, os valores naturais, culturais e o patrimonio físico institucional;
Que si as actuais situacións que producen o cambio climático non son revertidas a curto prazo, particularmente polos países que maior contribúen a este problema; estas áreas que están baixo a nosa custodia, continuarán avanzando cara a unha inevitable declinación e destrución;
Que creemos que os resultados do protocolo de Kioto no cambio climático foron decepcionantes e insuficientes, por conseguinte, instamos ós países participantes na convención, a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro cumprindo un estrito plan de traballo e seguimento;
Que as áreas protexidas teñen influencias que exceden os límites das súas fronteiras, polo que os guardaparques, no seu permanente traballo coas comunidades situadas dentro e fóra destas, atopámonos nunha posición estratéxica para asistir, monitorear e contribuír a mitigar os efectos do cambio climático;
Que nós os guardaparques somos testemuñas actuais dos danos e consecuencias que o cambio climático provoca nas áreas protexidas e somos conscientes do incremento destes danos no futuro inmediato;
Que se recoñeza plenamente a importancia das áreas protexidas eficientemente manexadas e financiadas, como un instrumento esencial na mitigación dos impactos climáticos;
Que se debe recoñecer e apoiar o traballo dos guardaparques como os actores esenciais na redución destes impactos;
En conclusión, realizamos un chamamento enérxico aos gobernos do mundo para que definitivamente actúen en consecuencia na implementación de accións concretas e necesarias para solucionar este problema.
{jcomments on}
{xtypo_feed}VI Congreso Mundial de Guardaparques{/xtypo_feed}