Proposta R.P.T. C.M.A.D.S.

 

O Sr. Secretario Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o Sr. Director Xeral de Conservación da Natureza, coñecen de primeira man a liña de traballo que leva a cabo esta Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, (APRAFOGA).

 

Dun tempo a esta parte, APRAFOGA está poñendo enriba da mesa propostas sobre todo aquilo que cremos que axudará a dar solucións ás necesidades e carencias existentes, rendendo na mellora do funcionamento desta Consellería nas súas competencias en conservación da Natureza a través da Escala de Axentes Forestais e Medioambientais; igualmente manifestamos tamén as queixas sobre as decisións acadadas e impostas de xeito unilateral pola propia Consellería, e que pretenden afectar ó colectivo ofrecendo competencias e autoridade en favor doutros que a mesma normativa vixente non lles concede nin lles obriga. Todo elo sen esquecer, os principios desta Asociación, creada para defendelos intereses dos seus asociados e do colectivo de Axentes en xeral.

 

Deste xeito, non podía ser menos a nosa entrega “PROPOSTA DE RPT”, xa que chegándonos ás mans unha copia da “Proposta relación postos de traballo CMADS / Reunión representantes sindicais” da Consellería con data do 14 /02 /08; e do cal nun principio, algunhas das forzas Sindicais representativas deste Colectivo manifestan non ser sabedores e outras descoñecelo contido.
De calquera maneira, este documento está composto por 23 páxinas numeradas, e non ten intención esta Asociación quitar credibilidade ó apartado II “ MEMORIA XUSTIFICATIVA” ( no seu punto 2.- “ Creación postos de traballo” ).
Pero a súa análise e estudo nos puntos 5.- “ Organización territorial periférica, tamén cas súas divisións e subdivisións” e o 6.- “Cadro resumo amortizacións / creacións R.P.T.”, obrígannos a propoñerlle que analicen a “PROPOSTA DE RPT de APRAFOGA” para a Escala de Axentes, si a intención da Consellería é levar a cabo a conservación da Natureza na nova denominación “Distrito Ambiental”.

 

Do borrador citado, respecto á “Organización Territorial Periférica, … na que a complexa realidade ambiental e a experiencia acadada deste modelo organizativo aconsella unha reorganización da estructura periférica, configurando o Distrito Ambiental…” dicir que do xeito que se redacta, ilusiona máis do que en realidade vai a ser. E non chegará a cumprir co significado “Ambiental”, se continúa sendo o Distrito unha división máis dos actuais Servizos Provinciais de Conservación da Natureza; e se ademáis non conta, coas competencias en asuntos tan ambientais como a Calidade, a Avaliación e o Desenvolvemento Sostible.

 

De feito, esta distribución Periférica de Distritos Ambientais si existise, debería contar coa xerarquía necesaria de funcionarios para poder abranguer tódalas competencias da Consellería de Medio Ambiente; falamos de Conservación da Natureza, Calidade e Avaliación Ambiental e Desenvolvemento Sostible. Contando coa Escala de Axentes (Forestais ou Medioambientais) como o Corpo encargado de custodiar o medio, velar polo cumprimento da normativa vixente sobre Medio Ambiente, e facilitar ó cidadán todo tipo de trámites que se lle requiran para o seu aproveitamento, explotación ou lecer. É dicir, este modelo de Distrito Ambiental deberá ser capaz dentro do seu ámbito territorial, de desenrolar toda a carga de traballo dos actuais Servizos Provinciais ou Áreas Provinciais da Consellería con competencias na conservación da Natureza. Esta distribución Territorial Periférica aseméllase á exposta na redacción do borrador do Regulamento do Grupo C, entregada por Aprafoga e as forzas Sindicais.
Para este organigrama o mesmo borrador explica a necesidade de Axentes por Zona.

 

Nembargante, o cambio que nomea a súa proposta de RPT parece encamiñar á Escala de Axentes unicamente ó ámbito territorial de Distrito Ambiental (Sede principal, Zonas, Concas fluviais e Espazos Rede Natura), porque non figuran axentes nos “5.1.b.-, 5.2.b.-, 5.3.b.-, 5.4.b.- Espazos Naturais Protexidos” nin tampouco en “5.4.c.- Instalacións”, onde neste último peldaño da organización territorial periférica aparece o Complexo Intermareal Umia – Grove (de especial relevancia pola súa catalogación); cando en realidade, o traballo efectivo dalgúns Axentes da Escala exércese nestes sitios.

 

Estas manobras ofrecen confusión no número de persoal funcionario efectivo dentro dunha Zona do actual Distrito de Conservación da Natureza e futuro Distrito Ambiental.
Debemos lembrarlles que a RPT da Consellería de Medio Ambiente do 24.12.2002, sinalaba ós Axentes de Centros ou Instalacións en Distrito (ou Zona), e ó Capataz Encargado de Instalacións no Centro. Dende a súa publicación manifestóuselle a estes compañeiros verbalmente e reiteradas veces, que unicamente o motivo era organizativo no papel e que seguirían nos Centros como sempre; e o Capataz non era máis que para axuda ó traballo. Cando en realidade foron retirados dos establecementos coa posta en marcha das Directrices de organización dos Servizos Provinciais. As consecuencias destas decisións son recíprocas, os Axentes fóra dos Centros sen máis explicación e con máis de 25 anos de servizo nalgúns casos; pero o rendemento/gasto pode compararse, e igualmente a imaxe do centro de cara ó cidadán.
Iso sen esquecernos da cantidade de traballos que a día de hoxe ten que levar a cabo man de obra privada, cando ó propio persoal laboral da Administración se lle incrementan complementos de singularidade do posto, como a toxicidade e penosidade.

 

Este feito aínda recente, fai que o colectivo reciba os cambios con cautela e moi pendentes do que se escriba, porque será o que haxa que cumprir. Aínda que certo é, o colectivo é consciente de que a responsabilidade de funcionamento deste tipo de centros da Administración (instalacións de tipo fixas cinexético – piscícolas) pódese levar a cabo por persoal laboral, porque, é o persoal funcionario o encargado de facer cumprir a normativa que esixa a lexislación a estes centros en materia Ambiental, Cinexética, Piscícola ou Forestal entre outras.

 

En realidade, os únicos Axentes da autoridade con amparo legal e presunción de veracidade dos feitos denunciados son os funcionarios, que son cos que legalmente conta a Administración para a custodia e vixilancia do cumprimento da normativa vixente; e de selo caso de infracción, poñer na súa man as probas de acusación cumprindo os requisitos coas debidas garantías legais para exercer a “potestade sancionadora”.
Entre estes funcionarios están os pertencentes á Consellería, Axentes Forestais e Mediaoambientais, e algunhas especialidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

 

En consecuencia, APRAFOGA en representación dunha boa parte do colectivo da Escala de Axentes Forestais e Medioambientais da Consellería de Medio Ambiente e D.S., ve conveniente darlle a coñecer a situación real da necesidade de persoal. Aproveitando a decisión dunha nova aprobación da RPT, ésta debe ser configurada cun mínimo de funcionarios desta Escala para garantir a vixilancia e a custodia do medio para facer cumprir a lexislación vixente en materia de Conservación da Natureza, así coma, o control dos trámites e autorizacións para o seu aproveitamento, explotación ou lecer.
APRAFOGA, logo de contactar con varios compañeiros das catro Provincias que exercen as súas funcións repartidos polos 19 Distritos de Galicia, e tras o reconto do número de prazas actuais e os seus destinos, comparándoas coa realidade onde algúns Axentes exercen traballo efectivo, consideramos imprescindible que se distribúa e incremente a RPT nos seguintes termos:

 

  • Naqueles distritos onde se sinala a unión de dúas Zonas xustificada por motivos de carencia de Axente Zonal nunha delas, solicitamos se corrixan estas observacións e se eliminen as refundicións de Zona. A carencia deste axente Zonal é debido á mala xestión da Administración nas súas convocatorias de concursos e oposicións confluíndo coa última división de Consellerías, polo mesmo, a necesidade de Zona e Zonal van ligadas á mellora da calidade dos servizos a desenrolar, aínda máis no xustificado futuro de Distrito Ambiental.
  • Naqueles distritos onde se cita a Desembocadura, non queda claro a cargo de que Zona nin tampouco se sinalan desembocaduras en Distritos que teñen a cargo Concas fluviais enteiras. Igualmente, non se reflicten con claridade desembocaduras de especial importancia pola presenza nelas de Salmón e Reo, ademais da pesca profesional nestas zonas nalgúns dos Ríos máis emblemáticos da nosa Comunidade. Para elo, é necesaria a disposición de máis prazas de Axentes Forestais/Medioambientais na Zona dese Distrito.
  • Naqueles Espazos Naturais (Parque, Parques Naturais, Reserva de Caza Os Ancares, L.I.C. Gándaras de Budiño e Complexo Intermareal Umia – Grove, e outras en trámite de aprobación). É indispensable a presenza de Axentes; por elo tamén, debe figurar a súa praza de xeito inequívoco no Espazo en concreto, o cal ademais deberá contar con xerarquía da Escala propia deste Espazo.
    Igualmente, cando estes Espazos abrangan máis dunha Zona deberán contar co respectivo número de Axentes Zonais. Se abranguen máis dun Distrito contarán tamén co número respectivo de Axentes Territoriais. O número de Axentes (Base) estará conformado segundo a súa extensión e dificultade do terreo para poder garantir en patrulla o mínimo necesario en custodia e vixilancia no Espazo.

 

Por conseguinte e a xuízo desta Asociación, a distribución e aumento (creación), do número mínimo de Axentes (Forestais/Medioambientais) cos que a Consellería de Medio Ambiente e D.S. debe contar para afrontar a responsabilidade de velar polo Medio Natural nas súas competencias, quedaría repartido da seguinte maneira:

 

5.1.- A CORUÑA.
5.1.a.- Distritos Ambientais:

Un Axente Territorial por Distrito para a Escala de Axentes.

 

Distrito I. Ferrol (terá 1 T., 3 Z., 7 Ax).

  • Non se deben refundir as Zonas (Comarcas) de Ferrol e Ortegal.
  • Zona de Ferrol debe contar con 1 Zonal e 2 Axentes.
  • Zona de Ortegal debe contar con 1 Zonal e 2 Axentes.
  • Zona de Eume será O Parque Natural das Fragas do Eume e contará con 1 Zonal 3 Axentes.

 

Distrito II. Bergantiños – M. Coruñesas
(26 Concellos, terá 1 T., 3 Z., 11 Ax.).

  • Non se deben refundir as Zonas de Betanzos – A Coruña.
  • Zona de Betanzos debe contar con 1 Zonal e 4 Axentes.
  • Zona de A Coruña tamén con 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Bergantiños igual, 1 Zonal e 4 Axentes.
  • Bacías fluviais do Río Mandeo e Río Anllóns.
  • As Desembocaduras dos Ríos Mandeo e Anllóns estarán a cargo das Zonas de Betanzos e Bergantiños respectivamente.

 

Distrito III. Santiago – M. Interior (24 Concellos, terá 1 T., 2 Z., 8 Ax.).

  • Zona de Santiago – Ordes debe contar con 1 Zonal e 4 Axentes.
  • Zona de Arzúa – Melide debe contar con 1 Zonal e 4 Axentes.
  • Bacía fluvial do Río Tambre ata o límite co Distrito IV Noia.
  • Río Mandeo e Río Ulla dentro dos límites do Distrito.

 

Distrito IV. Noia (terá 1 T., 3 Z., 5 Ax.).

  • Zona de Barcala – Noia debe contar con 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Barbanza – Sar debe ter 1 Zonal e 2 Axentes. Nesta Zona (Comarca) deberá cambiarse a Localidade de referencia de Ribeira por outra máis céntrica (Rianxo).
  • A desembocadura do Tambre estará a cargo da Zona de Barcala – Noia.

 

5.1.b.- Espazos Naturais:

Os Espazos Naturais na Provincia de A Coruña deben estar formados con xerarquía de Zona, aínda que dependentes do Distrito onde se sitúan, deste xeito terán a capacidade de custodia e control do medio natural para todas as necesidades. Deste xeito quedarán:

  • Zona de Eume será, O Parque Natural das Fragas do Eume e contará con 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Corrubedo será, O Parque Natural de Corrubedo e contará con 1 Zonal e 2 Axentes.

 

5.2. LUGO.
5.2.1.- Distritos Ambientais:

Un Axente Territorial por Distrito para a Escala de Axentes.

 

Distrito VI. Mariña Lucense (terá 1 T., 3 Z., e 8 Ax.)

  • Non se deben refundir as Zonas de Mariña Occidental e Mariña Central.
  • Zona de Mariña Occidental terá 1 Zonal e 4 Axentes.
  • Zona de Mariña Central tamén con 1 Zonal e 2 Axentes.
  • Zona de Mariña Oriental igualmente con 1 Zonal e 2 Axentes.
  • Bacías fluviais do Río Eo, Ouro – Landro, Masma.
  • Desembocaduras dos Ríos sinalados a cargo da Zona de Mariña Occidental.

 

Distrito VII. Fonsagrada – Os Ancares (terá 1 T., 2 Z., e 6 Ax.)

  • Zona de Ancares terá 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Fonsagrada deberá contar con 1 Zonal e 3 axentes.
  • Bacía fluvial do Río Neira tamén o Navia.

 

Distrito VIII. Terra de Lemos (terá 1 T., 3 Z., e 8 Ax.).

  • Non se deben refundir as Zonas de Lemos e Chantada.
  • Zona de Lemos terá 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Chantada tamén con 1 Zonal 2 Axentes.
  • Zona de Quiroga igualmente 1 Zonal 3 Axentes.
  • As Concas fluviais dos Ríos Lor-Caurel estarán a cargo da Zona de Quiroga.
  • A Conca do Sil estará a cargo das Zonas Lemos e Quiroga respectivamente.
  • A Conca do Río Miño será da Zona de Chantada.

 

Distrito IX. Lugo – Sarria (terá 1 T., 2 Z., e 8 Ax.).

  • Consideramos oportuno a refundición das Zonas de Sarria – Ulloa.
  • Zona de Lugo terá 1 Zonal e 4 Axentes.
  • Zona de Sarria – Ulloa igualmente 1 Zonal e 4 Axentes con localidade de referencia Sarria.
  • Río Miño na Zona de Lugo.
  • Río Miño e Ulloa na Zona de Sarria.

 

Distrito X. Terra Chá (terá 1 T., 2 Z., e 4 Ax.).

  • Consideramos axeitado refundir todos os postos a nivel de Distrito, con localidade de referencia Vilalba.
  • Deberá contar con 1 Territorial, 1 Zonal e 4 Axentes.

 

5.2.b.- Espazos Naturais:

A Reserva de Caza dos Ancares débese configurar dentro do futuro Parque Natural Ancares – Courel; que con acerto, a Dirección Xeral de Conservación e a propia Consellería está tentando compoñer. Por isto, e contando con máis de 100.000 Ha. de terreo con hábitats típicos de media montaña e entre eles diferenciados en dúas Zonas (Ancares e O Courel), debe contar con xerarquía propia da Escala de Axentes Forestais/Medioambientais para a súa custodia e control da flora, da fauna e da conservación coma un Distrito máis, que serían:

  • 1 Axente Territorial.
  • 2 Axentes Zonais, (Ancares e O Courel).
  • 6 Axentes, tres para cada Zona.

 

Deste xeito, cada Zona terá persoal por patrulla para realizar as funcións con mellor e maior seguridade nesta conformación orográfica accidentada e situación xeográfica especial.

 

5.3. OURENSE.
5.3.a.- Distritos Ambientais:

Un Axente Territorial por Distrito para a Escala de Axentes.

 

Distrito XI. Ribeiro – Arenteiro (terá 1 T., 1 Z. e 5 Ax.).

  • Consideramos axeitado refundir todos os postos a nivel de Distrito coa mesma localidade de referencia actual, Carballiño.
  • Deberá contar con 1 Territorial, 1 Zonal e 5 Axentes.
  • Bacías fluviais do Río Avia – Arenteiro.
  • Ademais do L.I.C Pena Veidosa tamén asumirá a parte do futuro L.I.C. Suído.

 

Distrito XII. Miño – Arnoia (terá 1 T., 2 Z. e 6 Ax.).

  • Zona de Ourense – Celanova deberá ter 1 Zonal e 3 Axentes, e a localidade de referencia será Ourense.
  • Zona de Allariz – Maceda deberá ter 1 Zonal e 3 Axentes e a localidade de referencia será Allariz.
  • Bacía fluvial do Miño, Sil.
  • Bacía fluvial do Arnoia.

 

Distrito XIII. Valdeorras – Trives Caldelas (terá 1 T., 2 Z. e 6 Ax.).

  • Zona de Valdeorras contará con 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Trives – Caldelas terá 1 Zonal e 3 Axentes.

 

Distrito XIV. Verín – Viana (terá 1 T., 2 Z. e 6 Ax.).

  • Zona de Verín 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Viana terá 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Bacía fluvial Río Támega.

 

Distrito XV. A Limia (terá 1 T., 2 Z. e 5 Ax.).

  • Zona de Baixa Limia contará con 1 Zonal e 3 Axentes, a localidade de referencia sería Bande.
  • Zona de A Limia deberá ter 1 Zonal e 2 Axentes, a localidade de referencia sería, Xinzo de Limia.
  • Bacía fluvial do Río Limia.

 

5.3.b.- Espazos Naturais:

Os Espazos Naturais en Ourense deben ser configurados coma un Distrito máis. O número de Axentes (Forestais/Medioambientais) necesarios para salvagardalas súas condicións naturais, xunto coa singular orografía e as condicións de accesibilidade sumado á súa respectuosa extensión, fan necesario unha xerarquización semellante ós existentes Distritos.
O Parque Natural O Invernadoiro, ó que con toda probabilidade se lle sume o Espazo Rede Natura Macizo Central conformando un único Parque cunha extensión dunhas de 38.000 ha.
Tamén a Zona de Pena Trevinca figura entre os Parques de nova creación, este macizo montañoso coa maior altitude de Galicia abrangue varios espazos naturais que suman unhas 22.000 ha. con localidade de referencia Viana Bolo ou A Veiga.
O Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés no seu conxunto de serras e vales de media altitude superan as 34.000 ha.
O Parque da Lastra, consideramos axeitado pola súa extensión configuralo como unha Zona, debendo contar co persoal mínimo para esta xerarquización.

 

Deste xeito:

Parque Natural o Invernadoiro e (nova creación de Macizo Central) deberá contar con:

  • 1 Axente Territorial
  • 2 Axentes Zonais (Invernadoiro e Macizo Central)
  • 4 Axentes (dispoñibles nas dúas Zonas)
  • A localidade de referencia deberá ser Manzaneda ou A Pobra de Trives.

Pena Trevinca (de nova creación), deberá ter:

  • 1 Axente Territorial
  • 1 Axente Zonal
  • 2 Axentes
  • A localidade de referencia deberia ser Viana do Bolo ou A Veiga.

Parque Baixa Limia Serra do Xurés, contará con:

  • 1 Axente Territorial
  • 2 Axentes Zonais (Baixa Limia e Serra Xures)
  • 4 Axentes (dispoñibles nas dúas Zonas
  • A localidade de referencia deberá ser Lobios.

Parque da Lastra deberá contar con 1 Zonal e 1 Axente e localidade de referencia Rubiá.

 

5.4.- PONTEVEDRA
5.4.a.- Distritos Ambientais
Un Axente Territorial por Distrito para a Escala de Axentes.

 

Distrito XVI. Deza – Tabeirós (terá 1 T., 2 Z. e 9 Ax.).

  • Zona de Deza, deberá contar con 1 Zonal e 5 Axentes, e localidade de referencia Lalín.
  • Zona de Tabeirós – Terra de Montes tamén con 1 Zonal e 4 Axentes, e localidade de referencia A Estrada.
  • A Bacía fluvial do Río Ulla a cargo de cada Zona respectivamente.
  • Ríos Deza, Asneiro e Arnego e afluentes a cargo da Zona de Deza. A Desembocadura do Río Ulla a cargo da Zona de Tabeirós – Terra de Montes.A Rede Natura e o Sistema fluvial Ulla – Deza a cargo de cada Zona respectivamente.

 

Distrito XVII. Condado – Paradanta (terá 1 T., 2 Z. e 6 Ax.).

  • Consideramos imprescindible a división do Distrito en dúas Zonas.
  • Zona de Condado, con 1 Zonal e 3 Axentes e localidade de referencia Ponteareas.
  • Zona de A Paradanta, con 1 Zonal e 3 Axentes e localidade de referencia Cañiza.
  • Bacía fluvial de Río Tea a cargo da Zona de Condado.
  • Bacía fluvial do Miño (con Deva, Termes e Ribadil) para Paradanta.
  • O L.I.C. Suído, en proxecto de aprobación conta cunhas 3.000 ha. na Zona de Paradanta (Covelo).
  • A pesca da Lamprea a cargo da Zona de Condado (Ponteareas).

 

Distrito XVIII. Vigo –
Baixo Miño (terá 1 T., 2 Z. e 6 Ax.).

  • Zona de Vigo, terá 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Zona de Baixo – Miño, contará con 1 Zonal e 3 Axentes.
  • Bacía fluvial do Río Miñor a cargo da Zona de Vigo.
  • Bacía fluvial do Río Miño a cargo da Zona de Baixo – Miño.

 

Distrito XIX. Pontevedra (antigo Caldas – Salnés terá, 1T., 2 Z. 12 Ax.).

  • Zona de Pontevedra – Morrazo, con 1 Zonal e 8 Axentes e localidade de referencia Pontevedra.
  • Zona de Caldas – Salnés, con 1 Zonal e 4 Axentes e localidade de referencia máis céntrica que Vilagarcía, (Caldas, Portas).
  • Bacías fluviais dos Ríos Lérez e Verdugo con cargo á Zona de Pontevedra – Morrazo.
  • Bacía fluvial do Río Umia a cargo de Caldas – Salnés.
  • A Desembocadura dos Ríos deste Distrito estarán a cargo da Zona de Pontevedra.

 

O L.I.C. Suído en proxecto de aprobación abrangue unha importante extensión da Zona Pontevedra – Morrazo.

 

5.4.b.- Espazos Naturais:

O Complexo Intermareal Umia – Grove en toda a súa extensión, debe figurar no apartado 5.4.b.- Espazos Naturais. Indistintamente que nel exista algunha instalación, é imprescindible que este Espazo Natural sexa integrado dentro do Distrito XIX.
Pontevedra, conte con prazas de Axentes e xerarquía propia de Zona. Por elo, deberá configurarse 1 Zonal e 1 Axente para este Espazo, con localidade de referencia O Grove.
Parque Monte Aloia – L.I.C. Gándaras de Budiño debe igualmente configurarse como unha zona máis dentro do Distrito XVIII Vigo – Baixo Miño. Este singular espazo natural deberá contar con 1 Axente Zonal e 2 Axentes.

 

Resumo total:
A Coruña.-

  • En Distrito haberá 5 Axentes Territoriais, 13 Axentes Zonais e 35 Axentes.
  • En Parques haberá 2 Axentes Zonais e 5 Axentes.
  • 60 Axentes Forestais / Medioambientais.

Lugo.-

  • En Distrito haberá 5 Axentes Territoriais, 12 Axentes Zonais e 34 Axentes.
  • En Parques haberá 1 Axente Territorial, 2 Axentes Zonais e 6 Axentes.
  • 60 Axentes Forestais / Medioambientais.

Ourense.-

  • En Distrito haberá 5 Axentes Territoriais, 9 Axentes Zonais e 28 Axentes.
  • En Parques haberá 3 Axentes Territoriais, 6 Axentes Zonais e 11 Axentes.
  • 62 Axentes Forestais / Medioambientais.

Pontevedra.-

  • En Distrito haberá 4 Axentes Territoriais, 9 Axentes Zonais e 35 Axentes.

  • En Parques haberá 1 Axente Zonal e 3 Axentes.
  • 52 Axentes Forestais / Medioambientais.

Aumento de 76 Axentes, pasando de 158 actuais a 234 para a configuración do Distrito Ambiental.

 

 

Reciba un cordial saúdo.

Pontevedra, 16 de abril de 2008
O PRESIDENTE

 

 

Miguel García Fernández.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies