Proposta sobre a actuación dos Axentes de Medio Ambiente ante os incendios forestáis
A Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia “APRAFOGA” de sobras coñecida xa entre os Axentes, a Admón. e as forzas Sindicáis. É sostentada grazas á colaboración dos seus afiliados, máis de 230 en activo a día de hoxe. Foi creada polos mesmos fins e obxectivos que hoxe nos obrigan a encamiñar un rumbo novo, a dar un paso adiante na defensa dos nosos intereses, así como na busca de solucións para achegarlle á cidadanía o disfrute dun dos dereitos da nosa Constitución, “Un Medio Ambiente saudable…”
Facer cumplir este dereito é traballo espiñoso, tarefa que pon en xogo variedade de intereses e moitos deles económicos e de cuantías expoñenciáis. Nós, os Axentes Forestais, na pequena parcela á que temos dereito e obriga de atender consideramos necesario que se sopesen e valoren as opinións e os pareceres que a experiencia nos amosou. Por mala sorte, estes coñecementos non están avalados por cursiños de formación, nin sequera por charlas-coloquio para todo o colectivo. Pero sen rasgaduras, son obxectivos que hai que levar adiante, porque o momento de melloralos ou o punto de cambialos será despois.
Isto xa sucedeu máis veces, sen dúbida a máis sólida foi o Regulamento da Escala. Outras aínda recentes de Consellería Única, Distrito Ambiental, Acordo Único, o lema de “todos a todo” foron un suspiro de organigrama sen máis. Axiña, os cidadáns cambian o Goberno, o Goberno cambia as Consellerías, os Axentes Forestais sepáranse en dúas Consellerías e o Acordo Único (de formación, grupo C, todos a todo) só se garda no arquivo para cando veña o “lume”.
¡Qué desgraza!, pasamos cantidade de cambios pola cabeza menos o cambio do “lume”, pois non, tamén vamos a cambiar o lume porque xa cheira.
Por todos é sabido que na loita contra o lume canta máis xente mellor, pero tamén é certo que hai máis problemas que afectan e desgastan ó calado o medio ambiente, danan espazos e especies polo abuso no aproveitamento das mesmas. Non podemos deixar de lado o coidado e a vixilancia dos recursos que emanan da propia natureza para gastalo en esforzos físicos e económicos detrás do lume. Estes esforzos físicos i económicos téñense que poñer en marcha para minimiza-la tentativa dos pirómanos a meter lume, e para denuncia-los feitos por eles cometidos.
Dende esta Asociación apostamos pola carga de traballo en vixilancia e disuasión, máis aínda naquelas Zonas de Alto Risco e naqueles días máis problemáticos. Sen dúbida, é unha laboura propia dos Axentes que a mesma Administración iñorou ata agora, quizáis pola falla de persoal ou pola tranquilidade de ter a disposición inminente un Axente para a coordinación dunha extinción.
Frear a tentativa de meter lume terá só resultados positivos, menos gastos en extinción, menos posibilidade de descontrol e menos incendios descontrolados, menos risco de accidentes e menos esforzo físico para o persoal que traballa a pé do incendio.
Polas razóns expostas e en cumplimento do Acordo na parte que nos toca, (esperamos que a Administración tamén cumpla a súa parte e poña o colectivo dos 550 Axentes no grupo de funcionarios que lle corresponde) do período extraordinario de Xullo-Agosto-Setembro máis os 30 días sen determinar para atender a vixilancia, prevención e extinción de incendios forestais e calquera outra continxencia que se produza.
Cremos necesario que os Axentes de Conservación da Natureza exerzan o traballo e a vixilancia propias dos seus Servizos, e en casos de necesidade se integren no traballo da vixilancia e disuasión de incendios cos fíns de axudar a frear a tentativa de meter lume.
A vixilancia activa para control e disuasión dos presuntos pirómanos é obriga de todos nós, Axentes dos Servizos de Montes e Incendios e dos Servizos de Conservación, debemos agrupar os coñecementos que temos en asuntos de piromanía e furtivismo e poñelos en marcha antes de que o monte sufra as consecuencias.
A Administración debe poñer os medios económicos, materiáis e humanos necesarios, estudar a viabilidade de incrementar a plantilla, (de inmediato, con persoal capacitado para cubrir prazas de Axente) antes de que poidamos estar inmersos no problema doutros anos, de lume en toda a Comunidade, ausencia de medios aéreos por saturación de traballo, esperas agoviantes pola chegada dunha pala-buldozer, dunha cuadrilla de reforzo que ven de non sei donde e hai que ir a buscar a non sei qué sitio (porque o Axente que está traballando é doutro Distrito ou doutra provincia).
Este exemplo de caos ocurre tódo-los anos, nun pequeno espazo de tempo de unha ou dúas semanas. Logo, despois da alarma social que causa o problema os pirómanos descansan, seguramente satisfeitos do desastre ecolóxico xerado.
A Asociación quere comunicarlle ás forzas Sindicáis que nos representan UGT, CC.OO., CIG, CSI-CSIF. que traslade a Admón. o punto de vista dos Axentes Forestais de Conservación da Natureza, que son uns 150 e soportan a carga de traballo de Caza, Pesca, Cortas ripícolas, Rede Natura, Ley de proteción de animais domésticos e salvaxes en catividade, Ley de Conservación da Natureza. E que entendemos que a nosa obriga na extinción de incendios debe ser a colaboracin na vixilancia e disuasión para frear a tentativa dos pirómanos.
Aproveitamos tamén para achegarvos as inquedanzas que o “período extraordinario” do presente Acordo causa en nós. Nun futuro non moi lonxe, o período extraordinario da Consellería de Medio Ambiente non poderá ser o mesmo que o da Consellería do Medio Rural.
Sen máis motivos que os expostos, aproveito a ocasión para enviarvos un saúdo cordial, agardando que as peticións dos nosos e dos vosos afiliados téñanse en conta.
Pontevedra, 10 de maio de 2006
O PRESIDENTE
{jcomments off}