O pasado día 19 de abril a nova xunta directiva, unha vez elixida, presentou na asemblea xeral a súas propostas  de liña de traballo para os dous anos de mandato que se iniciaban.

PROPOSTAS DE LIÑAS DE TRABALLO PRESENTADAS POLA ACTUAL XUNTA DIRECTIVA A ASEMBLEA XERAL PARA OS DOUS ANOS DE MANDATO:

1-Campaña divulgativa da Asociación, dos seus fins e das funcións dos Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais:

• Perante os responsables da Xunta.

• Perante os grupos parlamentarios.

• Perante as organizacións sindicais.

• Perante outras asociacións e grupos ecoloxistas.

• Perante os medios de comunicación.

2-Promover, en colaboración coa Administración e coas centrais sindicais, a impartición de xornadas de formación para os Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais.

3-Colaborar coa Administración e coas centrais sindicais en temas como:

• A elaboración dun novo regulamento.

• Novas credenciais.

• Regulación da uniformidade. O camiño a unha imaxe corporativa semellante no territorio de todo o Estado.

• Vehículos. Tipos, rotativos azules e imaxen corporativa.

• Acordos pendentes.

4-Traballar conxuntamente coa Asociación Estatal e coas Centrais Sindicais na elaboración dunha proposta de Lei Básica Estatal de Axentes Falcultativos Medioambientais, Axentes Forestais, e sobre o borrador do Código Procesual Penal.

5-Fomentar a celebración do día do patrón a nivel de toda Galicia, ou por provincias, como o día dos Axentes Facultativos Medioambientais,Axentes Forestais de Galicia coa promoción dunha xornada que sirva de divulgación deste colectivo.

6-Crear en cada vicepresidencia provincial unha sección de xubilados para manter o contacto destes co resto do colectivo.

7-Crear en cada Distrito os vogais ou delegados necesarios como representantes nese ambito da Asociación e con dependencia da vicepresidencia correspondente.

8-Campaña de captación de novos socios dando a coñecer a utilidade da asociación e os servizos que presta. O engarce coa asociación Estatal.

9-Redeseño da páxina web para facela:

• Mais divulgativa das nosas funcións cara o exterior.

• Mais operativa para os socios ao través de enlaces restrinxidos:.

 No que teñan acceso a artigos, documentos e plantillas que os axuden a realizar a profesión.

 No que teñan acceso a toda información referente a asociación: do contido dos libros, dos estados de contas e das actividades da xunta directiva.

 No que se posibilite a creación de correntes de opinión, enquisas, tomas de decisión e preparación das Asambleas.

10-Promover cambios nos estatutos para facer a asociación mais operativa:

• Comunicacións a través de correos electrónicos e da páxina web.

• Cambiar o modelo de elección individual dos integrantes da Xunta directiva por presentación de candidaturas.

11-Levar a cabo as decisións que se tomen nas asambleas e cumprir co establecido nos estatutos.

12-Para o caso de que non este, poñer ó día o cumprimento do establecido na Lei de protección de datos.

 

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies