Protocolo de recollida in situ de animais petroleados

 

Recomendacións

A recollida efectuarase sen riscos para o animal e sen perigo de picotazos para a persoa que o manexa. O animal debe ir tranquilo, evitando que o animal inxira máis petróleo nas tarefas de acicalamento. A utilización de tea axuda a inmovilizalo, evita que o animal perda calor e que poida continuar acicalándose e inxerindo petróleo.
Material necesario para a recollida

* Caixas de cartón (para o aloxamento individual dos animais). Faranse buratos na caixa.
* Rotulador.
* Papel de periódico.
* Teas para envolvelo animal.
* Cinta de embalar.
* Lubas de látex ou goma.
* Aconséllase o emprego de gafas.

Protocolo de recollida

* Traballarase en parellas, como mínimo. Deberanse poñer lubas de látex.
* Visto un animal petroleado, seguiranse as seguintes instruccións:

1. O rescate do animal deberase realizar sen risco para as persoas.
2. Prepararase a caixa de cartón con buratos e co papel de periódico no fondo, anotándose fóra co rotulador o día, a hora, o lugar exacto de recollida e a especie recollida, (si se coñece).
3. O achegamento ó animal realizarase pola zona costeira, favorecendo que a fuxida sexa cara terra, tentando que a captura sexa rápida e decidida, de xeito que o animal se axite o menos posible.
4. Terase precaución co bico das aves mariñas, procurando non acercar nunca a cara á cabeza do animal, para evitar picotazos.
5. Deberemos ir provistos de lubas ou unha peza de tea, toalla ou similar, para inmovilizala ave. No caso de especies grandes, a técnica máis eficaz consiste en agarrar con decisión o bico para, de seguido, inmovilizalo animal. Pódese botar un toalla por riba, o que facilita a suxección sin lle causar danos. O animal recollerase rapidamente, para evitar o estres no posible.
6. Debemos manipulala ave con ámbalas dúas mans, inmovilizando as ás contra o corpo, pero lembrando sempre non achegala nosa cabeza ó seu peteiro. O exame do animal e a súa preparación para o transporte, deberase facer sempre entre duas persoas.
7. Coas ás unidas ó corpo, rodearase o animal coa tea, dando varias voltas, deixando libre a cabeza e as patas, permitindo que o animal poida estar incorporado e de pé dentro da caixa, pero impedindo a posibilidade de que o animal poida limparse o petróleo das plumas. Colocada a tea, daremos unhas voltas coa cinta de embalar, a tea deberá estar convenientemente suxeita, non demasiado apretada (para que non impida a axeitada ventilación do animal) nin demasiado solta.
8. Nunca se lavará o animal, nin se lle dará de comer nin de beber.
9. Trala recollida e ata o seu transporte, as aves colocaranse nun ambiente templado evitando o contacto visual e os ruidos (p. ex. xente falando alto).

Seremos coidadosos cos residuos que poidamos xerar coa nosa actuación, fundamentalmente coas lubas suxas e cos restos de tea. Non se deixarán na praia.
Animais mortos

É moi importante recollelos animais mortos: son información biolóxica de primeira orde i é necesario evitar que sexan inxeridos por outros animais (cans, raposos, córvidos, rapaces, etc.) co conseguinte perigo de intoxicación.

Centros de recuperación de aves

A Coruña: CRFS de Santa Cruz-Oleiros. 981 626241

Lugo: CRFS de O Veral-Lugo. 982 207705

Ourense: CRFS do Alto do Rodicio. 988 302051

Pontevedra: CRFS de Cotorredondo-Pontevedra. 986 680238

Pontevedra: CRFS de O Campiño. 986 876012

Lugares de recepción na costa

A Coruña:

Escola Vella de Tállara, Tállara, Lousame.
Protección Civil. Avda. Ambulatorio (antiguo edificio centro médico). Carballo.
Oficinas do Distrito Ambiental V. r/ Codeseiras 11, Vimianzo.
Porto do Son.
Casa Forestal de Xubia, Narón.

Lugo:

Cervo.

Pontevedra:

Vilanova.
Bueu.
Gondomar.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies