Proxecto corcino

 

{youtube}9A-serSHJ8g{/youtube}

 

No ano 2004 naceu o Proxecto CORCINO da Asociación do Corzo Español. Dende entón, ano tras ano, viñemos reeditando a campaña para evitar que se recollan corzos novos, co desexo de chegar cada vez a un maior número de persoas que frecuentan o campo na primavera.

As corzas, como moitas outras femias de herbívoros, teñen o costume de esconder ás súas crías entre a vexetación as dúas ou tres primeiras semanas de vida. Para unha persoa que non coñeza o campo, nin estes hábitos dos animais, atopar un pequeno e desvalido cociño, aniñado entre a herba, non lle indica máis que está abandonado.

Un número crecente de corciños son recollidos cada ano. Sacar adiante a un corciño é realmente difícil, mesmo para persoas con experiencia como os veterinarios. A maioría deles morren ás horas ou días seguintes de ser recollidos. Os que non o fan están condenados a vivir en catividade, xa que os animais criados por humanos perden os seus instintos naturais de fuxir e de defensa, e por tanto teñen escasas posibilidades de sobrevivir no campo. Ademáis, os corzos machos criados en catividade, vólvense agresivos e realmente perigosos. Máis dunha persoa tivo que ir ao hospital gravemente ferido por un destes animáis.

A Asociación do Corzo Español (ACE) non podía permanecer indiferente ante esta situación, e de aí naceu o Proxecto CORCINO.  Co obxectivo de educar á xente do campo, e a xente que utiliza o campo como forma de expansión, a ACE comezou en 2004 unha campaña de sensibilización sobre o problema. Inicialmente fixémolo con trípticos e carteis repartidos por pobos, colexios, colectivos de cazadores, grupos de montaña, grupos ecoloxistas, bares, gasolineiras, armerías, etc. e pretendeuse chegar ás persoas do campo ou que o frecuenten durante a primavera, coa sinxela mensaxe de que, ao atopar un destes animáis, simplemente hai que deixalo onde estaba.

A resposta foi moi positiva xa que moitos voluntarios, distribuídos por toda España, apuntáronse a colaborar co proxecto. Grazas ao inestimable apoio destas persoas puidéronse repartir 7.963 carteis en 2005, e aumentar a 12.176 na campaña de 2008.

Con todo, en 2009 comezamos unha nova etapa, tentando desenvolver a campaña a través dos medios audiovisuais. Grazas ás imaxes cedidas por un dos socios da ACE, e a axuda desinteresada dos irmáns Enrique e Carlos Coto de Xeográfica Films, preparamos un vídeo de 2 minutos que desenvolve o espírito e obxectivos da campaña, sendo o ano pasado reproducido en moitas canles de televisión, tanto públicos como privados, de ámbito nacional ou rexional. Na actualidade estamos en proceso de incluír o devandito vídeo en diferentes páxinas Web relacionadas coa caza e o medio ambiente, co que pretendemos unha ampla difusión da súa mensaxe.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies