Publicación dos aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso ó Grupo C

Noraboa a tod@s!!!!!

Resolución do 15 de abril de 2011, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, convocado pola Orde do 25 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2011, o tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, acordou:

Primeiro.- Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, de acordo co disposto na base IV.1 e IV.2 da convocatoria.

A orde de puntuación dos devanditos aprobados establécese pola puntuación obtida na fase de oposición.

De acordo co establecido na base IV.2, os aspirantes dispoñen dun prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras IV.2. A) e B) da citada base.

Segundo.-Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que os aspirantes que figuren nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114º e 115º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2011.

Jose Luis Chan Rodríguez
Presidente do tribunal

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies