Puntuacións do 1º. exercicio de acceso ó Grupo C

Noraboa a tod@s.

Resolución do 20 de xaneiro de 2011, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, convocado pola Orde do 25 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2011, o tribunal designado pola Orde do 7 de setembro de 2010 para cualificar o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais,

ACORDOU:

Primeiro.- De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte e cinco (25 puntos), fixando en vinte e nove (29) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación.

Segundo.- Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro.- De acordo co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.- Os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles para presentar o documento xustificativo (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo), para os efectos da exención prevista no segundo exercicio. Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Este prazo empezará a contar desde o
día seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución.

En todo caso, na dita documentación xustificativa deberá constar que o aspirante posuía o curso de que se trate no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2011

 

 

Jose Luis Chan Rodríguez
Presidente do tribunal

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies