APRAFOGA é a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia fundada o 25 de febreiro de 1994 ao amparo do artigo 22 da Constitución Española.

ámbito territorial  da Asociación ven delimitado pola Comunidad Autónoma de Galicia. No entanto APRAFOGA está federada coa Asociaciación Española de Agentes Forestales y Medioambientales (AEAFMA), que a súa vez é membro da  International Ranger Federation (IRF).

 

Os principais fins da Asociación son os seguintes:

 

– Representación e defensa dos intereses dos seus membros.

– Fomento e defensa dos intereses xerais dos Axentes Forestais e Medioambientais, de Galicia.

– Colaborar coa Administración autónoma galega ós efectos de determinar as máis axeitadas condicións para a prestación dos servicios de ditos funcionarios dentro da función pública, así coma na elaboración das disposicións que lles afecten a través da súa participación nas tarefas dos órganos correspondentes.

– A organización de cursos e conferencias, a edición de publicacións, individualmente ou en coedición con outras persoas ou entidades e, en xeral, promove-lo espírito de servicio á sociedade que implica o exercicio da función pública, así como mellorar a formación profesional dos seus membros.

– Divulgación do servizo prestado polos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies