CC.OO. INFORMA

Rebaixa das retencións do IRPF por pago de hipotecas para rendas de ata 33.007,20 €

 
O Real decreto 1975/2008, de 28 de novembro (BOE do 2-12-2008), sobre as medidas urxentes a adoptar en materia económica, fiscal, de emprego e de acceso á vivenda, introduciu, entre outras novidades, unha redución de dous enteiros no tipo de retención aplicable sobre os rendementos de traballo persoal dos contribuíntes que comunicaron ao seu pagador que destinan cantidades para a adquisición ou rehabilitación da súa vivenda habitual (non inclúe construción ou ampliación da vivenda, nin contas vivenda) utilizando financiamento alleo polas que vaian ter dereito á dedución por investimento en vivenda habitual regulada no artigo 68.1 da Lei do IRPF, sempre que, ademais, a contía total das súas retribucións anuais previsibles sexa inferior a 33.007,2 euros.

 
Para poder beneficiarse da redución de dous puntos, con efectos a partires do 1-1-2009, é necesario comunicar á empresa que se están efectuando ditos pagos pola adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual utilizando financiamento alleo

Para elo, CUBRIR O IMPRESO MODELO 145 DA AEAT, SINALAR O CASILLEIRO 5, e entregalo ao responsable de persoal do centro de traballo.

 
 
FEBREIRO 2009
 

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies