Reclamación sobre prolongación de gardas
O pasado día 30 de xuño, nun verdadeiro pinchacarneiros caciquil estableceron dende a Dirección Xeral de Montes unha instrución de comezar co período extraordinario de gardas de doce horas.
A Orde de 21 de marzo de 2005, publicada no DOG, e que malamente transcribía o texto do acordo acadado no ano 2004 (incompleto e no que lle cortaron para a súa publicación o que non lles interesaba do acordo), establece claramente que este período de gardas quedaba establecido para os meses de xullo, agosto e setembro, máis un a maiores sen determinar e que sería obrigatorio levar a cabo tódolos anos.
Pois ben, na Consellería do Medio Rural, e en concreto na Dirección Xeral de Montes, ou non saben o que eles mesmos publicaron no DOG (e polo tanto van en contra das normas establecidas a sabendas, o que é igual á prevaricación), ou non se lembran do que poñía (normal, hai tanto tempo…), ou consideran que o texto ese está caduco e denunciado por CCOO e polo tanto non ten vixencia e así deciden facer o que lles peta cos Axentes Forestais/Medioambientais, ou simplemente non saben sumar.
Esgotado o prazo do mes a maiores en datas anteriores ó 30 de xuño atrevéronse a expandir sibilinamente as gardas fora de todo acordo, texto legal ou calquera norma xurídica e ética. E todo isto imos supor que ó prezo ó que se está a pagar a hora de garda actualmente: a 1,39 € brutos. Ou se cadra non pensan nin sequera compensar esas xornadas de 12 horas impostas sen máis.
CCOO ante a dúbida ou o precedente, e tendo en conta que no caso de que no remate do mes de setembro, e cando se esgoten os tres meses de gardas de verán, e de non acompañar o tempo con choivas e siga habendo seca e lumes, estamos completamente seguros de que estes argallantes volverán a facer o mesmo, a prolongar as xornadas de 12 horas sen máis, mentres lles pete, ata onde queiran, ó prezo que lles pareza ou gratis, tratando ó colectivo de Axentes Forestais/Medioambientais como uns miserables que nin merecen ter a consideración de traballadores con dereitos de negociación e de regulación das súas condicións de traballo. Iso sí, para os lumes sí que nos queren. Pra quitarlles as castañas do lume e servir de “cortalumes” no caso de algún accidente, dalgunha responsabilidade, dalgún morto, para que non cheguen as salpicaduras aló arriba.
Para tentar frear isto, CCOO elaborou un modelo de reclamación vía recurso de alzada previo ó contencioso-administrativo e que tedes ó voso dispor poñéndovos en contacto con Alvite (649.876.464 alvite09@gmail.com) ou con Alejandro (657.659.534 forest_alex@hotmail.com). Recordade que o prazo para a presentación destas reclamacións individuais remata o 28 deste mes.
A maiores, por se queredes ver cales son as características da roupa de reposición do uniforme para os compañeiros do Servizo de Conservación e que está nestes momentos en concurso negociado podedes ir a este enlace.
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}