Recurso contra autorizacións de queima
Francisco Javier Sánchez Juíz, maior de idade e con DNI número xxxxxxxxxx, e José Luís López López, maior de idade e con DNI número xxxxxxxxxx, con enderezo ós efectos de notificacións en 27.003 Lugo, Ronda da Muralla, 58, 4º andar, ante o órgano que encabeza este escrito comparecen e, como mellor proceda en Dereito,
DIN:
Que con data 18.01.2008 notificóuselle ós interesados resolución de data 3.01.2008 do Xefe do Distrito Forestal IX, Sarria-Samos, depedente da Delegación Provincial desa Consellería en Lugo –da que se achega copia- referente ás autorizacións de queima nos Concellos catalogados como Zonas de Alto Risco de Incendios;
Que mediante o presente escrito e ó abeiro do disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, veñen a interpoñer RECURSO DE ALZADA contra a resolución antedita en base ás seguintes
ALEGACIÓNS
I.- Os interesados ostentan a condición de persoal funcionario con praza en propiedade do Grupo C ó servizo da Consellería citada pertencentes ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, escala de axentes facultativos medioambientais, e prestan servizos no Distrito Ambiental IX, Demarcación Lugo I.
II.- Polo que respecta ás autorizacións de queima nos Concellos catalogados como Zonas de Alto Risco de Incendios, a resolución establece que “buscando simplificar a tramitación das autorizacións … non se vai esixir a autorización previa que marca o Decreto 105/2006.”
Esta disposición é manifestamente ilegal posto que é contraditoria e contravén o disposto nos artigos 15, 16 e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, relativo ás medidas de prevención de incendios forestais, a teor do cal, “”.
A evidente ilegalidade da resolución citada debe levar consigo a súa nulidade radical posto que a mesma pretende derrogar o disposto por un Decreto, isto é, unha norma de superior rango e, polo tanto, contradicindo expresamente o disposto no 62.2 de acordo co cal: “Serán nulas de pleno Dereito as disposicións administrativas que vulneren a Constitución, as leis ou outras disposicións administrativas de rango superior, as que regulen materias reservadas á lei…”
De acordo coa normativa indicada, unha disposición dun xefe de distrito non podería derrogar ou suplantar expresamente os requisitos establecidos e dispostos, nada menos que, nun Decreto da Xunta de Galicia, o que podería ser constitutivo dun acto con responsabilidades no ámbito penal.
Polo exposto,
Á Consellería do Medio Rural,
SOLICITAN: Que se teña por presentado este escrito e con el por interposto RECURSO DE ALZADA contra a resolución de data 3.01.2008 e, previos os trámites legais oportunos, no seu día, se dicte resolución pola que se declare a nulidade ou subsidiariamente se anule a resolución citada cos efectos legais oportunos.
O que se pide en Lugo, a 14 de febreiro de 2008
OUTROSÍ DIN: Que mediante o presente escrito e ó abeiro do disposto no artigo 111 da Lei 30/1992, do 26 de novembro vén solicitar a suspensión da execución da resolución indicada ante uns indicios máis que evidentes de ilegalidade cometida por este funcionario, sen prexuízo de calquera outra medida que se poida adoptar en calquera ámbito.
Polo exposto,
Á Consellería,