SOBRE A REFORMA DA GARDERÍA, segundo a Consellería de Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

 

 
O documento foi metido hoxe no Rexistro e dirixido á Directora xeral de Función Pública, ó Director xeral de Montes, ó Director xeral de Conservación da Natureza e ós Secretarios xerais de Medio Ambiente e Medio Rural.
 
 
 
Despois de asistir a varias asembleas das Organizacións Sindicais, tívose coñecemento por parte de APRAFOGA, das distintas propostas prantexadas tanto pola Consellería de  Medio Rural como pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, dende que se comezou  coas negociacións tiñamos coñecemento que a proposta da Consellería de Medio Rural estaba avalada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. O coñecer o contido da proposta da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible comprobamos que non é así, que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ten outras cuestións entre mans que son ben diferentes das que presenta a Consellería de Medio Rural. Todo isto fainos sentir a existencia dun xiro absoluto por parte das distintas Administracións para as que traballamos. As dúas consellerías nas que a escala de Axente Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais desenvolven as súas funcións non chegan a un acordo no que contemplen a escala de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais como un colectivo único, un colectivo, como é o caso, que desenvolve as súas funcións para dúas consellerías, e que podería ser que en vez de dúas fora para máis.
 
A Consellería de Medio Rural mantivo varias reunións coas Organizacións Sindicais e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible soamente unha, e sen ter nada estudado.

 
En canto ás Organizacións Sindicais pásalles outro tanto do mesmo, non se dan clarexado, e o que é peor, non saben defender os intereses do colectivo integrado en dúas consellerías, feito éste aproveitado polas Administracións das que dependemos, co conseguinte prexuízo para a Escala, influíndo de forma negativa na ilusión do traballo cara o administrado e cara o medio ambiente en sí.
 
Todo o exposto fai poñernos en contacto con vostedes para intentar entre todos encarrilar e solucionar os problemas que atinxen ó colectivo. Dende esta Asociación sabemos e entendemos que non somos unha forza negociadora,  pero sí temos a obriga de  darlles a coñecer  as queixas e inquietudes de tódolos nosos asociados.
 
Dende fai alomenos un ano e medio APRAFOGA presentou por escrito unha proposta na que se contemplaba un cambio nas percepcións económicas, esta proposta sería un acordo transitorio namentres non se desenrolara o texto do Regulamento para a Escala de Axentes Facultativos Medioambientais e se integrara a totalidade do colectivo no grupo ”C”,   desta proposta non se tivo resposta.
 
En canto á integración de todo o colectivo no grupo “C”, podemos augurar sen medo a equivocarnos, que o prazo de xullo de 2009 non se vai a cumprir  xa que o tempo corre e as datas nas que estamos fainos  pensar que non hai tempo material. E persoal que aínda esta no grupo “D”,  ten percepcións económicas  menores  que as do persoal pertencente ó grupo “C”.
 
As propostas que queremos facerlle dende APRAFOGA son as seguintes:
 
Primeiro; clarexar que o Colectivo necesita con urxencia cerrar un Acordo económico que actualice basicamente os conceptos de retribucións e horarios, e garanta o remate do proceso de integración no Grupo C.
Logo xa poderiamos establecer unha reforma da Escala, cas correspondentes categorías e/ou especialidades. Polo tanto, estamos diante de dous factores que non teñen porqué ir aparellados e pódense acadar en distintas resolucións por varias razóns:
  • A reforma da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais, estaría encadrada dentro dun capítulo do futuro Regulamento (p.e. Cap. III Distribución, estructura, especialidades e funcións presentado por esta Asociación e a Plataforma Sindical).
  • A aprobación dun novo Acordo unicamente reflectiría a contía económica e horaria de xeito transitorio ata a integración efectiva de todo o Colectivo no grupo C; ou de selo caso, de xeito provisional ata a aprobación do Regulamento da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais.
    Daquela xa se poderá elaborar un novo Acordo en maior profundidade, para todas. Take a look at gclub slot    as especialidades do Regulamento e que en realidade desenvolverá o capítulo correspondente (p.e. Cap. V  Xornada, horario, quendas, quendas extraordinarias, licenzas, permisos e vacacións).
  • Ademais, a reforma da Escala terá que abranguer especialidades segundo as grandes áreas orgánico-funcionais, e necesariamente deben tipificarse na redacción do novo Regulamento; na que ademais, terá tamén algo que dicir a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, con máis responsabilidade na actualidade que a Caza e a Pesca fluvial.
 
Segundo; referíndose á redacción da proposta da Consellería de Medio Rural, observamos o Novo Marco regulamentario e recollen as especialidades de sempre, aínda que barallan vostedes unha separación na máis fundamental das súas competencias “policía forestal e xestión forestal”, (quenes van a custodiar e denunciar os fraudulentos aproveitamentos forestais, as neglixencias e incumprimentos en obras, investimentos ou axudas, ou a supervisión do estado e funcionamento das instalacións). Esta diferenciación que fan vostedes induce a erro, xa  que a condición e obriga da Escala non pode separar as competencias e responsabilidades impostas por Lei. Pola contra parece que en Conservación da Natureza chega con unha especialidade (Conservación da Natureza).  Tamén se induce a interpretar que os compoñentes das Brigadas de Investigación de Incendios Fore
stais e o Axente Inspector Provincial son os únicos con recoñecemento de Policía Xudicial. Lembrarlle que, o recoñecemento dun carácter non é para unha especialidade dunha Escala ou Corpo, senón que de xeito íntegro todos os seus membros son Policía Xudicial, en sentido Xenérico no caso dos “Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais” como así o reflicten os diferentes textos legais en vigor.
 
E do que sabemos, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible  en canto a especialidades, considera necesarias varias (caza, pesca, hábitats, espazos naturais, biodiversidade e outras), pero asinte a imposibilidade por mor da actual dimensión numérica da plantilla.
 
A impresión que ten APRAFOGA desta Proposta, é que as Consellerías non se reuniron para trazar esta idea, e polo mesmo, a Consellería de Medio Rural  pasa por alto ou ignora as competencias que o novo Regulamento dará á Escala de Axentes Medioambientais do Corpo de Axudantes Facultativos da Xunta de Galicia en asuntos de Patrimonio Histórico, Inspección Ambiental de contaminación, verquidos e o cambio do uso do solo non edificable. O que nos leva a interpretar que a Administración pretende dilatar a negociación do acordo e do Regulamento o máximo posible.
 
Igualmente, a Consellería de Medio Rural descoñece no ámbito da Natureza, que na actualidade non hai Axentes con praza de destino nos Espazos Protexidos, Parques Naturais ou Rede Natura, ós que vostedes xa lle están encargando o traballo e a responsabilidade da extinción dos incendios baixo o mando do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, cando deberían coñecer que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible só ten 158 “Axentes” (Forestais e Medioambientais), con imposibilidade manifesta de aumento de efectivos, fronte os 387 da Consellería de Medio Rural cos que vostedes fan as Categorías e Xerarquizacións no ámbito Forestal.
 
Por todo o exposto, esta ASOCIACIÓN quere manifestarlle que o colectivo non ten porqué estar dividido, hoxe a Escala traballa para dúas consellerías, e non dubidamos que poida traballar para as que foran necesarias.
 
Tamén queremos lembrarlle que o seu goberno  leva o cartel de progresista, e dende este colectivo esperamos  que o leven á práctica como o fixeron con outros.
 
 

Pontevedra, 9 de setembro de 2008
Atentamente.
O Presidente de APRAFOGA
 
 
 
 
Miguel García Fernández
 
 
Sr. Secretario Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15781 – Santiago de Compostela{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies