Os mandos da Garda Civil e os representantes, tanto da Asociación Galega coma da Estatal de Axentes forestais e Medioambientais, procuran unha maior coordinación na loita contra os incendios forestais e contra os delictos ambientais.

A Coruña, 17 de decembro de 20014. No día de hoxe reuníronse o Presidente e a Vicepresidenta pola Coruña da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) co Xeneral de Brigada Xefe da Garda Civil en Galicia e co Comandante Xefe de Operacións da Garda Civil nesta Comunidade. Na reunión tamén estivo presente o Secretario da Asociación Española de Axentes Forestais e Medioambientais (AEAFMA).

Os representantes do instituto armado mostraron o seu interese e solidariedade ante as recentes noticias de ameazas e agresións sufridas polos axentes forestais e medioambientais no desempeño das súas funcións. No entanto a meirande parte do tempo das conversas centráronse na situación actual e nas posibilidades de mellora futura da coordinación entrámbolos corpos, tendo en conta como premisa a leal cooperación.

A esta primeira toma de contacto entre os representantes citados seguirán outros encontros periódicos de carácter mais técnico para a mellora da cooperación, coordinación e auxilio mutuo entre os integrantes da Garda Civil e os Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies