Os Axentes forestais e Medioambientais de Galicia buscan o apoio dos grupos políticos para emendar no Parlamento a degradación á que se somete este colectivo no Proxecto de Lei de Emprego Público aprobado polo Consello da Xunta.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014. O presidente da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) e representantes dos sindicatos reuníronse onte con responsables do PSdG-PSOE para promover iniciativas contra a degradación administrativa e de funcións dos Axentes Facultativos Medioambientais por parte do goberno da Xunta. A formación política estivo representada pola súa secretaria de Organización, Pilar Cancela; a secretaria de Medio Rural, Fe Álvarez; o deputado e voceiro do sector no Parlamento, Pablo García; e o secretario de acción electoral, Luis Ángel Lago Lage.
No documento anexo xúntase nota de prensa emitida trala reunión polo Partido dos Socialistas de Galicia.