Resistencia e desobediencia

 

Artigo 550

Son reos de atentado os que acometan á autoridade, ós seus axentes ou funcionarios públicos, ou empreguen forza contra eles, intimídenos gravemente ou lles fagan resistencia activa tamén grave, cando se encontren realizando as funcións dos seus cargos ou con ocasión delas.

Artigo 551

1. Os atentados comprendidos no artigo anterior serán castigados a pena de prisión de dous a catro anos e multa de tres a seis meses se o atentado fora contra a autoridade, e de prisión de un a tres anos nos demáis casos.

2. Non obstante ó previsto no apartado anterior, si a autoridade contra a que se atentara fora membro do Goberno, dos Consellos de Goberno das Comunidades Autónomas, do Congreso dos Deputados, do Senado ou das Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas, do Consello Xeral do Poder Xudicial ou Maxistrado do Tribunal Constitucional, impoñerase pena de prisión de catro a seis anos e multa de seis a doce meses.

Artigo 552

Impoñeranse penas superiores en grao ás respectivamente previstas no artigo anterior sempre que no atentado concorra algunha das circunstancias seguintes:

* Si a agresión se verificase con armas ou outro medio perigoso.
* Si o autor do feito prevalécese da súa condición de autoridade, axente desta ou funcionario público.

Artigo 553

A provocación, a conspiración e a proposición para calquera dos delictos previstos nos artigos anteriores serán castigadas a pena inferior nun ou dous graos á do delicto correspondente.

Artigo 554

1. O que maltratara de obra ou fixera resistencia activa grave á forza armada no exercicio das súas funcións ou con ocasión delas, será castigado ás penas establecidas nos artigos 551 e 552, nos seus respectivos casos.
2. A estes efectos, entenderanse por forza armada militares que, vestindo uniforme, presten un servizo que legalmente estea encomendado ás Forzas Armadas e séxalles regulamentariamente ordenado.

Artigo 555

As penas previstas nos artigos 551 e 552 impoñeranse nun grao inferior, nos seus respectivos casos, ós que acometan ou intimiden ás persoas que acudan en auxilio da autoridade, os seus axentes ou funcionarios.

Artigo 556

Os que, sin estar comprendidos no artigo 550, resistíranse ás autoridades ou ós seus axentes, ou desobedecéranos gravemente, no exercicio das súas funcións, serán castigados a pena de prisión de seis meses a un ano.

L.O. 10/1995, do Código Penal. Faltas

Artigo 634

Os que faltaran ó respeto e á consideración debida a autoridade ou ós seus axentes, e os desobedeceran levemente, cando exerzan as súas funcións, serán castigados con pena de multa de 10 a 60 días.

Comentario

Déronse moitos casos de desobediencias, sobre todo en entregar efectos (principalmente armas de caza e canas de pescar), que os axentes non tramitaron pola vía penal e que tan só fixeron constar no correspondente oficio de denuncia administrativa, de forma que o instructor non puido valorala sanción nun grao superior (en sancións de caza ou pesca, isto significa de 30 a 60 euros nos casos en que o expediente non caduca nin ten ningún defecto de forma).

Cando existe unha desobediencia, pois, non sirve de nada poñelo só no oficio de denuncia. É necesario rematala actuación para obtelo que o cidadán estaba obligado a facilitar (identificación, efectos, etc.). Si non se fai así, o axente non está cumplindo a Lei, é máis, podería chegar a ser constitutivo dun delicto de prevaricación. Ademáis, estas actuacións non rematadas dificultan aínda máis as actuacións futuras dos mesmos axentes ou os doutras comarcas que atopen ós cidadáns ou ós coñecidos destes en circunstancias similares: teñen ou coñecen circunstancias anteriores en que desobedecelas ordes dos Axentes Forestais en cumplimento do seu deber, saíulles máis económico e agradable que ter que cumplilas.

A profesionalidade dun colectivo demóstrase nas actuacións ben feitas e no saber aplicalo principio de proporcionalidade. Non ten ningún sentido que un cidadán que se comporta ben e acepta entregalos efectos ou a identificación que se lle require, saia máis malparado que outro que se negue a elo.

Non obstante, nalgunhas comarcas, algúns axentes fai anos que envían atestados e denuncias por desobediencia ó Xulgado. Trátase, xeralmente, dunha falta do Código Penal, que se instrúe e o xuizo practícase no mesmo Xulgado de Primeira Instancia, e que se castiga con penas de 10 a 60 días de multa, valorando a situación económica do imputado, (por este motivo é conveniente facer constar no atestado, si se coñecen, datos que poidan axudar a determinar esta capacidade económica do denunciado: marca e modelo do vehículo, prezo que se paga por facela actividade que se está facendo, p. e. autorización para cazar en couto, que a menudo é moi cara, etc.).

Estes son algúns protocolos de actuación para casos de delictos que nos podemos atopar habitualmente. Enténdese por axente da autoridade, aqueles funcionarios públicos no que o seu cometido é a execución das decisións da autoridade. En todo caso, a Lei debe outorgar tal carácter.

Os axentes da autoridade deben posuila condición de funcionario público (todo o que por decisión inmediata da Lei ou por elección ou por nomeamento da autoridade competente, participe no exercicio de funcións públicas), pero non todo funcionario é axente da autoridade.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies