Resumo 2ª xuntanza sobre o borrador da convocatoria para o pase ó Grupo C (Csif)

 

O día 15/06/09, as 10:00 h. as centrais sindicais (CSI-CSIF, UXT,CIG e CCOO) mantivemos unha reunión ca Subdirectora de Provisión de Postos de Traballo e Selección de Persoal da Dirección Xeral de Función Pública.
 
Tema a tratar:

Acceso ao grupo C1 da escala de axentes forestais.
 
Dende Función Pública informóusenos de cales alegacións foron aceptadas, das presentadas na reunión do día 10 polas centrais sindicais ao borrador do proceso selectivo e ao temario. As presentadas por CSIF foron aceptadas case na súa totalidade, como por exemplo:
  • Eliminación da fase de concurso (para que non se dilate o proceso, posto que os axentes que pasen o grupo C1 quedarán na mesma praza que teñen como destino definitivo no grupo D).
  • Eliminar na base II.1.1.1. o texto “Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta”. Non restarán por tanto as respostas incorrectas.
  • Eliminar o apartado C) certificado médico oficial, da base IV.2.
  • Eliminar da base IV.4. o texto “na cal se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición”.
  • Incluirase unha nova base IV.4.bis, co seguinte texto “Os funcionarios nomeados seguirán prestando servizos nos postos de traballo que estivesen ocupando con carácter definitivo. No suposto de que existan opositores que desempeñen postos con carácter non definitivo, ofertaránselle as correspondentes vacantes”.
  • Eliminación de parte do temario:
    O tema 1; o tema 2 (excepto “Competencias da Comunidade Autónoma en materia ambiental e de montes. A Consellería do Medio Rural: estrutura e organización.”); o tema 3; do tema 9 “As estacións forestais en Galicia”; do tema 17 “Granxas cinexéticas” e “Piscifactorías”; o tema 19, o tema 20, e do tema 23 “Fiscalidade dos montes veciñais e dos particulares”.

Todas as centrais sindicais aceptaron o novo temario, aínda que quixéramos que foxe máis reducido.

A subdirectora xeral tamén nos preguntou si había consenso por parte das centrais sindicais, no referente a proposta de acceso ao grupo C1 coa titulación de bacharel (proposta de CCOO, CIG e UXT), especificando que isto estaba condicionado en función de que o gabinete xurídico da Xunta dera o un informe favorable ou non.

Aclarounos tamén que a convocatoria do proceso de integración sairá publicada no DOG antes do un de xullo.
A CIG e CCOO dixeron que estaban de acordo con esta nova forma de acceso e que respectarán o que diga o informe do gabinete xurídico, posto que desta maneira entrarían máis compañeiros nesta quenda de acceso ao grupo C1.

Por outra banda a UXT dixo que estaba de acordo con todo o anterior menos co de entrar co curso de formación máis o bacharelato, soamente aceptan o acceso co bacharelato pero sen o curso de formación.

Dende CSIF estamos de acordo en que entre o maior número de compañeiros posible, pero respectando a legalidade. Non podemos admitir que a forma de acceso sexa o bacharel, posto que incumpre o requirimento de titulación esixido no artigo 2º da Lei 2/2000 de creación da escala de axentes facultativos medioambientais, xa que este debe ser o título de técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos ou titulación de técnico especialista equivalente.

Ademais aceptar o bacharel como titulación requirida na promoción interna, pode abrir unha vía de acceso a dito título, nunha próxima oposición á escala de axentes facultativos medioambientais, porque sería lóxico e razoable que si vale como titulación para este concurso oposición, tamén a Xunta o poida pedir para unha oposición libre.

Todos sabemos que para o acceso aos  corpos especiais a Lei da Función Pública de Galicia require titulacións específicas (por isto loitamos moitos, anos atrás). Tamén non podemos deixar fora aos compañeiros que non teñan o bacharel e so teñan o título de capataz forestal (que foi a titulación que se lles esixiu para o ingreso no grupo D). Por todo isto pedímoslle a Función Pública que acate a legalidade e se ateña a Lei de creación da escala de axentes facultativos meioambientais en vigor, do contrario, pola nosa parte formularanse os pertinentes recursos.
   
Conclusións da reunión:

Dende CSIF non podemos aceptar nin aprobar a actitude das outras centrais sindicais alí presentes, xa que pensamos que vulneran a legalidade e traizoan o sentir de gran parte dos compañeiros, admitindo a titulación de bacharel para o acceso o grupo C1. Por outra banda, que algunhas das centrais sindicais estean lideradas e capitaneadas nestes momentos, por xente que accedeu a axente forestal co título de auxiliar técnico (que se sacaba cun exame  dun día), e que ademais teñen o título de enxeñeiro técnico forestal, fainos pensar que empregan todo isto para acceder como sexa ao grupo C1 e poder a continuación  acceder tamén a súa verdadeira vocación (ser Técnico Forestal do grupo A2) por promoción interna, importándolles moi pouco que o resto de compañeiros vexan limitadas as súas posibilidades de acceder  ao grupo B por andar aceptando o bacharel como titulación requirida.

Dende CSIF loitaremos para que se reforme de novo a disposición transitoria única da Lei 2/2000, pola que se crea a escala de axentes facultativos medioambientales da Xunta de Galicia, aumentando o número de procesos selectivos de promoción e ampliando o prazo para a convocatoria dos mesmos, acadando así que todos os compañeiros da última promoción de axentes forestais , e non só os que teñen o bacharel, poidan acceder ao grupo C1 cando cumpran os requisitos.

 
 
Un saúdo forestal.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies