Resumo 2ª xuntanza sobre o borrador da convocatoria para o pase ó Grupo C (15-06-09)
- Non haberá descontos por respostas incorrectas igual que no anterior proceso de integración (Base II.1.1), nin nota de corte.
- Eliminación do proceso de concurso (Base II.2.), e, polo tanto, das Bases II.3. e III.16. por non existir un número determinado de prazas ofertadas.
- Eliminación do requisito de ter que presentar un certificado médico a aqueles que superen a oposición (Base IV.2.C).
- Substitución da redacción das Bases IV.4. e IV.5. recollendo o contido da anterior convocatoria e que se refire a que os que superen o proceso de integración “seguirán prestando servizos nos postos de traballo que estivesen ocupando con carácter definitivo”.
- Eliminación do tema 1, tema 2 (salvo “Competencias da Comunidade Autónoma en materia ambiental e de montes. A Consellería de Medio Rural: estrutura e organización.”), tema 3, a parte “As estacións forestais en Galicia” do tema 9, as partes “Granxas cinexéticas” e “Piscifactorías” do tema 17, tema 19, tema 20, e a parte “Fiscalidade dos montes veciñais e dos particulares” do tema 23.
Para CCOO a valoración é realmente positiva pois, por unha lado aceptaron a gran maioría de alegacións presentadas, e por outro parece factible que se comprometan a que haxa un proceso de integración a maiores para aqueles que agora non se poidan presentar. A nota negativa volveuna a dar a CSIF pois prefiren que se queden “tirados” 70 compañeiros en vez de 10 ou 15.
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia