Resumo da 3ª reunión con Función Pública para negociar o texto da orde de convocatoria para acceder ó Grupo C1 e aclaracións do Csif ante as manipulacións e falacias doutros sindicatos

 

As centrais sindicais CCOO, CIG, UXT e CSI-CSIF foron convocadas o día 17/06/09 as 14:00 h. á terceira reunión con Función Pública, para tratar o texto definitivo das bases da convocatoria de promoción ao grupo C1 da escala de axentes forestais.
 
A subdirectora comunicounos ás centrais sindicais, os derradeiros cambios realizados para adaptar as bases da convocatoria a Lei de igualdade efectiva de mulleres e homes, e que antes do 1 de xullo estaría publicada. Tamén nos informou sobre o contido do prometido informe dos servizos xurídicos, respecto da posibilidade de promoción ao grupo C1 coa titulación de bacharel (solicitude feita por CCOO, CIG e UXT), cuxo ditame foi, dándolle a razón a CSI-CSIF, que non sería legal posto que se vulneraría o artigo 2º da Lei  2/2000 de creación da escala de axentes facultativos medioambientais , que establece que “para o ingreso na devandita escala requirirase estar en posesión do título de técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos ou titulación de técnico especialista equivalente”.

A subdirectora tamén nos comunicou o compromiso expreso do Director Xeral da Función Pública de iniciar novamente o proceso de modificación da lei 2/2000, para poder establecer novas convocatorias de promoción (posiblemente para o ano 2013 a terceira, cando todos os compañeiros teñan xa os cinco anos de antigüidade e o curso específico de formación).

 
{xtypo_rounded1}REFLEXIÓNS DO CSIF ANTE OS COMUNICADOS DAS OUTRAS CENTRAIS SINDICAIS.{/xtypo_rounded1}
 
Dende o CSIF non podemos deixar pasar a oportunidade de contestar ás declaracións feitas por outros representantes sindicais, en diversos comunicados que se fixeron chegar estes días aos Distritos Forestais e aos correos electrónicos.

Ledicia e satisfacción polo informe do servizo xurídico de Función Pública que defende a legalidade e confirma a tese de CSIF,  en todo o que nos negamos a asinar, por seren argumentos ilegais e vulnerar os dereitos de moitos compañeiros que non teñen o bacharel.

As leis son de obrigado cumprimento para todo o mundo e non se poden adaptar aos intereses particulares duns poucos.

Dende CSIF queremos e defendemos, máis que naide, que o maior número posible de compañeiros poidan promocioar ao grupo C1, pero sempre que accedan cumprindo os requisitos legais. Nunca seremos cómplices de ilegalidades que permitan que uns compañeiros se beneficien a costa de prexudicar, conscientemente, a outros compañeiros.

Coma noutras ocasións a nota negativa dérona CCOO, CIG e UXT, por tentar intencionadamente manipular a normativa legal, solicitándolle a Función Pública que se admitise o título de bacharel como requisito de acceso á promoción á escala de axentes facultativos medioambientais; por pretender que unha titulación xenérica coma é o bacharel fose admitida coma requisito de acceso a un corpo de Administración especial da Xunta de Galicia, coma é o corpo de axudantes facultativas e facultativos no que está integrada a escala de axentes facultativos medioambientais, sendo coñecedores estes sindicatos de que a disposición adicional primeira da Lei da Función Pública de Galicia, require unha titulación específica para o desempeño das funcións dos corpos de Administración especial da Xunta, e por conseguinte para o acceso aos mesmos.

Dende CSIF danos a impresión de que a algúns representantes sindicais dálles igual oito que oitenta, o caso e tapar a súa irresponsabilidade insultando ao CSIF, manipulando e desinformando aos compañeiros, para poder enmascarar a verdadeira finalidade das súas propostas (nuns casos pagar favores que permiten saciar egocentrismos, e noutros  casos acceder coma sexa posible ao grupo C1, para a continuación, acceder a escala de Enxeñeiros Técnicos Forestais do grupo A2 o máis axiña posible), importándolles moi pouco que o resto de compañeiros. Éles corren pero non avanzan nada, porque na maioría dos casos incumpren a legalidade, e despois veñen os servizos xurídicos da Xunta de Galicia ou os xulgados e quedan en evidencia. ¿Haber que inventan agora para xustificarse?.

CSIF en todo momento tomou esta e outras posturas amparándose na legalidade e pensando nos intereses de todo o colectivo, non só nos duns poucos. Polo ben de todos non podemos permitir que se deixen compañeiros tirados no camiño da promoción ao grupo C1; nin podemos permitir que se poñan atrancos ao obxectivo común de acadar que todo o colectivo sexa encadrado no grupo B (en base ao establecido no artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público, que fixa a titulación de Técnico Superior como a requirida para acceder a dito grupo, a mesma titulación que require a Lei 2/2000 de creación da escala de axentes facultativos medioambientais); por iso non podemos permitir que se requira outra titulación paro acceso, promoción ou integración na mencionada escala.

Agardemos que as restantes representacións sindicais tomen nota do acontecido, arrimen o ombreiro e deixen de mentirlle aos compañeiros coa intención de prexudicar ao CSIF.

Para calquera aclaración, proposta, opinión ou información estamos á vosa disposición, un saúdo.

 
 
Os Delegados Sindicais  do CSIF de Ourense, Coruña e Lugo.
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies