Resumo conversas coa Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente

A semán pasada vimos de ter unhas conversas coa SXT da Consellería de Medio Ambiente referente ao 2° CURSO DE TELEFORMACIÓN PARA ACADAR O CICLO SUPERIOR.
Resumirémolo nos 3 puntos máis salientables:
1. Recibiron de FP un estadillo cos resultados dos axentes no 1°curso, e polas notas acadadas, non habería problema en sacar a convocatoria.
2. Xa enviou un correo a MR e a FP para comenzar a mover o asunto, pero dado os cambios que houbo en ámbalas dúas Consellerías agardará unha semana máis.
3. Pensan reunirse ó longo deste mes para poder comenzar o curso en outubro, igual que o ano pasado.
Temos unha xuntanza pendente de cara a finais de mes, na que agardamos ter máis información.
Un saúdo a tod@s

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies