Resumo da asemblea de Valsaín

 

Asemblea de ValsaínNa asemblea ordinaria de AEAFMA, celebrada en Valsaín os días 15 e 16 de novembro participou APRAFOGA, a título individual con varios socios galegos asistentes e tamén como todo o conxunto de asociados representados polo vicepresidente de Medio Rural en Ourense, Rafael Cudeiro.
 
No punto 1 da orde do día, sobre a proposta sobre o posicionamento de AEAFMA respecto do uso de armas por parte dos Axentes Forestais, logo do debate, resultou aprobada por maioría. (Voto favorable de APRAFOGA).
 
No punto 2 sobre unha posible regulación a nivel estatal: Lei Básica ou inclusión na Lei de FF.CC.SS., foi aprobada por maioría a inclusión na Lei de FF.CC.SS. ( voto favorable de APRAFOGA). Neste punto hai que explicar que ademaís das opcións anteriores, xurde outra que é  unha Lei orgánica. Según a asesoría de AEAFMA, a lei básica é unha lotería xa que pode ser revocada en calquera momento se hai cambio de goberno é non está de acordo con ela.

 
A lei orgánica (caso de Cataluña) é unha moi boa opción, xa que esta Lei está “asinada” polo goberno autonómico e polo goberno do estado, xa que está incluida no texto do Estatuto; que é precisamente o que intentamos facer dende APRAFOGA cando en Galicia se iniciaron os movementos polos partidos para a redacción nun novo Estatuto de autonomía e que como sabemos está parado. Repítese que esta será a mellor opción.
 
A inclusión na lei de FF.CC.SS. non quere decir que vaiamos a ser FF.CC.SS. senón aproveitarse de cousas, como de non estar ó seu servizo, senón en igualdade, e de poder obter a licenza tipo A, e non a de seguridade privada. ( Cando envíen a acta da asemblea esto virá explicado con máis detalle).
 
No punto 3, a conveniencia dunha denominación e imaxe común dos AA.FF., presentada por Luis Cavero da revista Guardabosques, polos problemas que causan os máis dunha ducia de nomes ( confúndese ós Axentes con calquer persoa ou traballo que teña relación co forestal, como todos sabemos) e logo de moitas opinións a opción máis favorable e votada foi a de Axente Forestal, deixando aberto o de policía ambiental ou as dúas ( un exemplo: na porta do vehículo primeiro un rótulo que poña Axente forestal, debaixo o escudo e debaixo deste policía ambiental).
Ésta foi a opción máis votada a título individual.
 
A presentación da roupa polo Corte Inglés estivo moi ben, foron cinco persoas: dous xefes a nivel nacional do Corte Inglés, un de Santiago, o das botas Robusta e un de Gore Tex, como é normal están interesados, xa que si consiguen vender roupa para 6000 AA.FF. non fai falla decir que é bo negocio. A roupa que se presentou foi a de Galicia, de feito eu presenteime  uniformado e a todo o mundo lle gustou.
Mentres non chegue a acta da asemblea, este é un pequeno resumo.
 
Rafa Cudeiro {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies