Resumo da Mesa de Incendios celebrada o 16 de decembro de 2005
 
 
 

(Información facilitada pola Asociación a través do sindicato CSIF)

 

FIXOS DISCONTINUOS: A proposta da Admón. é asinar 7 meses (do 1 de Febreiro ata o 30 de Agosto) e unha prórroga de 2 meses máis (ata o 30 de outubro), que en total serían 9 meses (esto para o ano 2006).
Para o ano 2007 xa sería un só contrato de 9 meses.
A Admón. quéreo así por problemas cos presupostos. A proposta de CSIF é que a partir do 2008 se equipare progresivamente co resto do persoal (é dicir: 12 meses).Todo esto firmarase si non hai novidades a primeiros de xaneiro.

 

NON aceptaron a anulación dos anexos 4 e 5 por ser según eles inasumible economicamente pero renegociaranse para mellorar as condicións laborais e progresivamente ir eliminándoos.

 

APROBOUSE a creación de listas de contratación para cubrir baixas, vacantes, vacacions… pendentes da creación do novo Decreto do Persoal Laboral que sairá publicado nos vindeiros días.

 

REDISTRIBUCIÓN das zonas de risco de xeito que coa mínima movilización de persoal se teña a máxima eficacia (haberá máis brigadas nas zonas de maior risco e menos noutras con menos incendios).

 

A POLÍTICA de medios aéreos ,os materiais de extinción e os equipos de proteción persoal están comprometidos ata o 2007 polo anterior goberno polo cal será dificil melloralos antes desa data.

 

COMPROMISO de mellorar as bases e as casetas de vixilancia.

 
Por outra parte, na última reunión da Xunta de Persoal funcionario de Servizos Periféricos de A Coruña, Axentes Forestais informaron ós Delegados de que aínda non tiñan o cadrante horario do vindeiro mes de xaneiro, polo que a Xunta de Persoal decidiu dirixirse ós Delegados de Medio Ambiente, Medio Rural e de Presidencia para que se cumplan os acordos sobre horarios. {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies