Resumo da Mesa Xeral de EE.PP do 6-02-09 e da Comisión de Persoal do día 10-02-09

 

Modificación das RPTs das consellerías de Medio Rural, Sanidade, Pesca e AA.MM e Medio Ambiente: Estas modificacións consisten, basicamente, na aplicación de varios acordos (a maioría non asinados por CCOO: Acordo Veterinarios, Acordo Persoal Laboral SPDCIF, Acordo Conductores Medio Rural) e o posicionamente de CCOO en coherencia foi votar EN CONTRA polos seguintes motivos: estas RPTs siguen condicionando negativamente o concurso de traslados dos veterinarios da xunta, o nivel mínimo dos
veterinarios da Xunta debe de ser o 24, todas as prazas de veterinarios na C. de Medio Rural deberían incluirse no sistema de atención continuada e alerta veterinaria (coa conseguinte retribución no complemento específico), deben de eliminarse en todas as prazas de veterinarios os requisitos de formación específica para facilitar a mobilidade dos veterinarios entre as distintas consellerías en igualdade de condicións, debe manterse en todas as prazas da escala de veterinarios a denominación de inspectores veterinarios.

 
Modificación da OPE 2008: A modificación que se propón consiste en darlle ao persoal das escalas a posibilidade de participar nos procesos de promoción interna dos corpos xerais, tal e como sucede no caso contrario. O voto de CCOO foi a A FAVOR.

Convocatoria concurso de traslados das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais: Dado que a proposta de bases conten todas as alegacións propostas por CCOO, votamos A FAVOR.

Convocatoria Escala de Letrados: A pesar de que se fixo algún movemento ao respecto das convocatorias anteriores (o exame de idioma comunitario pasa a ser voluntario e non eliminatorio), consideramos que as modificacións foron insuficientes, xa que: a Promoción interna non é separada da libre, nin se contempla ningún tipo de vantaxe para os opositores (reducción do temario e/ou exención dalgunha proba); non estamos de acordo co modelo de probas orais (cunha elevada esixencia de coñecementos memorísticos que pouco ten que ver coas tarefas a desenvolver); entendemos que se debe de reservar o aprobado dalgunha proba; a proba a realizar en galego debe de escollela o opositor. Por todo o exposto, o noso voto foi EN CONTRA.

Convocatorias de promoción interna nos corpos xerais, subgrupos A1, A2, C1 e C2: Logo dos avances acadados en relación coa proposta inicial, na mesa xeral insistimos nas nosas alegacións pendentes de concretar: establecemento de nota de corte, a antigüidade do persoal transferido debe de computarse integramente na Xunta de Galicia, valoración como mérito o ter exames aprobados nos procesos de promoción
interna anterior, acumulación das prazas vacantes na promoción interna da OPE 2007 a estas convocatorias (subgrupo A1), o suposto práctico no A1 debe de ser tipo test. A valoración global da negociación destas convocatorias podemos cualificala de positiva, dando o noso VOTO FAVORABLE a todas, agás a do subgrupo A1 (ABSTENCIÓN).

Convocatorias Titulado Superior Especialista, Titulado Superior Ambiental e Técnico Ambiental: Valoramos positivamente que algunhas das nosas alegacións foran tidas en conta, sen embargo, entendemos que deben de considerarse aquelas outras que se formularon para que esta convocatoria siga os mesmos criterios das bases empregadas na OPE da consolidación do 2002, xa que estas convocatorias foron excluídas desa OPE por decisión unilateral da Administración. Por todo o exposto, o noso posicionamento foi a ABSTENCIÓN.

 
 
ACCIÓN SINDICAL
SECTOR DA AUTONÓMICA DA FSAP-GALICIA DE CCOO
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies