Resumo da reunión da Plataforma sindical co Director Xeral de Función Pública
Concurso de traslados: Sairá publicado na semana que ven e nel inclúense as resultas, co que se daría por rematado o proceso.
Toma de posesión definitiva para os 100 últimos ingresos no corpo: Ultimado o paso anterior convocarase a estes compañeiros para a eleción definitiva do posto e na que o DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA SE COMPROMETEU A QUE SE OFERTARÁN A TOTALIDADE DE PRAZAS VACANTES.
Grupo C: Segue o seu curso, aínda que esta máis nas mans da Consellería de Medio Ambiente por ser ésta a convocante.
Modificación da Lei 2/2000: Retomarase o tema dándolle un novo impulso dentro do Parlamento. Chegou a comentar que tra-la modificación se faría unha convocatoria complementaria para que os que cumpran os requisitos puidesen participar no 1º proceso do grupo C.
Convocatoria de oposicións: Entre novembro e finais de ano convocarase un concurso-oposición para cubrir as 100 prazas xa ofertadas na última Oferta de Emprego Público.
Polo demáis, dixo que non temos máis remedio que ir asumindo a división do colectivo nas dúas consellerías (Medio Ambiente e Medio Rural), como xa nos constataron os seus Secretarios Xeráis na reunión do 28 de setembro.
A Plataforma Sindical de Axentes Forestais formada polos sindicatos CC.OO., CSI-CSIF e UGT quedou en que se tramitará escrito solicitando unha nova entrevista coas Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Presidencia para expoñer a situación do colectivo ante a nova estrutura e reparto, coa finalidade de clarexar algo máis este complicado proceso.{jcomments off}