Resumo da reunión do 01 de febreiro co Director Xeral de Función Pública para tratar o concurso de traslados e o proceso selectivo de Axentes forrestais
O director xeral da por aclarado o número de prazas vacantes que se poderán ofertar aos compañeiros que están pendentes de tomar posesión con carácter definitivo, (na anterior reunión non o tiña claro), e afirma non dispoñer de suficientes prazas de nivel 14 para ofertarlles aos compañeiros de novo ingreso na escala.
Ante esta situación establece dúas opcións posibles:
a) Resolver xa o concurso de traslados e ofertar as prazas que queden vacantes de resultas de resultas, acadando así o número suficiente de prazas para os 100 compañeiros de novo ingreso:
- 2 prazas de nivel 12.
- 84 prazas de nivel 14.
- 25 prazas de resultas de resultas de nivel 14.
En total 111 prazas .
b) Esperar ao mes de abril para publicar a resolución definitiva do concurso de traslados, permitindo así que consoliden o grao 18 e 16 os compañeiros que ocuparon prazas con carácter provisional deses niveis, e cumprindo o requisito de ter un mínimo de dous anos de servizos efectivos na escala como axente para poder ocupar con carácter definitivo postos de axente zonal, establecido no artigo 14 do regulamento da escala. Desta maneira poderían ofertarlles ademais das prazas vacantes de nivel 14, tamén as vacantes de nivel 16 que resultasen do concurso, acadando así prazas suficientes para os compañeiros de novo ingreso.
Como ningunha das dúas posibilidades e favorable ao 100% para a totalidade do colectivo, dende CSIF expúxoselle ao director xeral que non entendíamos como non tiñan 120 prazas de nivel 14 vacantes (as 100 convocadas no proceso selectivo do ano 2005 e 20 de AFM ofertadas no OPE do 2009, pero que proveñen da OPE do 2008). Tamén se lle expuxo que como ata o de agora nunca se permitira en ningunha escala de funcionarios da Xunta de Galicia as resultas de resultas nos concursos de traslados, para evitar problemas de discriminacións con respecto a outros colectivos de funcionarios o máis adecuado sería deixar na fórmula de “a disposición do conselleiro” aos compañeiros que non tivesen praza de nivel 14.
O director xeral non admitiu a nosa proposta, xa que segundo dixo pretenden eliminar todas as prazas na fórmula de “a disposición do conselleiro” e por tanto non están dispostos a crear máis.
Dende CSIF non podemos apoiar ningunha das dúas opcións e pedímoslle á dirección xeral que ten que solucionar un problema que eles crearon.
En consecuencia a dirección xeral optou pola opción a), e resolverá o concurso nas vindeiras semanas.
Tamén se comprometeron a intentar realizar os exercicios do proceso de promoción á escala de AFM antes do comezo da campaña.
Os delegados sindicais:
Rubén Pardo Cid Ramón Díaz Martínez Roberto González Ortega
{xtypo_feed}CSIF{/xtypo_feed}
{jcomments on}