Resumo da reunión que tivo lugar o día 26 de xuño de 2012

Dita reunión foi convocada por orde do Vicesecretario Xeral da Consellería de Mati, e nun principio Medio Rural non convocaba, pero tamén houbo na xuntanza representantes desta Consellería.
Asiste por parte da Consellería de MATI: o Vicesecretario da Consellería e Subdirectora de Persoal
Asiste por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar: o Vicesecretario da Consellería e a Subdirectora de Persoal.
Polas organizacións sindicais  asisten: CIG, CCOO,  e UGT.  Dita reunion foi solicitada por estas organizacións sindicais o día 15 de maio de 2012 para tratar a situación do colectivo  de  Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais. Os temas que se trataron na reunión foron os seguintes:

  • Proceso selectivo: Convocatoria de 20 prazas de Axente Facultativo Mediomabiental publicadas na oferta de emprego público para o ano 2009 (DOG 18 de novembro do 2009).  Por parte das consellerías din que non hai ningún problema en que se convoquen as prazas, pero este tema non o poden zanxar posto que non depende deles, a Consellería de Medio Rural dinos que o ano pasado, a petición de Función Pública, xa lle enviaron un borrador cos temarios para esta convocatoria. Instamos a que falen con Función Pública para que saquen a convocatoria e comprométense a facelo.
  • Proceso de integración previsto para o pase ao Grupo C1 do persoal que na actualidade segue no Grupo C2, segundo o disposto na Lei 15/2010, de 28 de decembro. Como no tema anterior as consellerías din que iso non depende deles que é un tema de Función Pública. As organizacións recordámoslles que quedan entre 60 e 70 persoas sen pasar ó grupo C1 e que se ten que facer unha convocatoria para o proceso de integración no ano 2013 e que isto para nos é algo prioritario. Comprométense tamén a falalo con Función Pública.
  • Acordo de condicións de traballo (2004) que regula a organización da escala de Axentes Forestais. A Administración entende que o Acordo está caducado, pero tamén entende que a Orde pola que se publicou o Acordo está en vigor. As organizacións explicámoslles que para nós sí que estaba caducado e que non pode ocurrir máis o que ocurríu o ano pasado no mes de outubro, cando nos prolongaron o período extraordinario de xeito ilegal. Nos contestan que foi legal e que se respostaron os recursos de alzada dando a razón á Administración. As organizacións sindicais puxemos de manifesto que os axentes o que queremos é o recoñecemento social e profesional polo noso traballo, non só o económico, posto que o que nos corresponde por esos días a maiores é unha miseria, e recordamos que a outros colectivos se lle prolongou o período de gardas cunha previa negociación, que iso era o que tamén se debería ter feito no noso caso se o Acordo o permitise. Informáronnos de que farán o pago das gardas de outubro próximamente, pero que para poder facelo teñen que facer unha tramitación de imprevistos, e tena que aprobar o Consello da Xunta.
    Despóis dunha longa discusión e un tira e afrouxa onde o Vicesecretario de Mati nos dixo que lle parecía que non era o mellor momento para negociar o acordo posto que podíamos saír perdendo, pasamos ó seguinte punto.
  • Regulamento do grupo C1 para os Axentes Facultativos Medioambientais. As organizacións sindicais comentámoslles o que a maior parte do colectivo estamos a traballar sen un regulamento que regule as funcións e que xa se lle enviou en varias ocasións propostas de regulamento por parte das organización sindicais.
    Contestan que si, que se ten que facer, pero que toda normativa ten que adaptarse a LOXFAGA (Lei na que se regula o procedemento de elaboración da normativa). Polo que en todo caso, faría a Administración un borrador de regulamento e despois se farían as alegacións oportunas para poder redactar un novo regulamento.
  • Comité de seguridade e saúde. Solicitamos a creación dunha Comisión mixta onde se traten as cuestiónns relacionadas coa seguridade e saúde dos Axentes Forestais e dos Axentes facultativos Medioambientais de maneira conxunta, xa que agora, ó estar encadrados en dúas consellerías distintas pertencemos a dous Comités que non teñen contacto un co outro, e sen embargo o traballo á realizar é tan similar que máis ben é idéntico ó haber traspaso de persoal dunha consellería a outra, e o mesmo courre no caso de comisión de servizo ou concurso de traslados.
    Credenciais: esiximos que se entreguen as credenciais xa, posto que hai maís de 100 compañeiros que carecen de praca identificativa. Comentan que esta próximo a entregar nas próximas semanas e recalcamos que isto xa o levan dito moitas veces. A subdirectora de persoal cóntanos que non se entregaron antes por que están redactando unha Orde de acreditacións para todos os corpos de funcionarios da Xunta de Galicia que realicen labores de inspección e teñen que axustarse ó que poña dita Orde.
  • Vacantes: Esiximos que se cubran todas as vacantes posto que somos un colectivo de emerxencia. Contestan que si que van cubrir as vacantes, en breve solicitaron a cobertura de 4 Axentes, dous na comarca de Verín e dous na comarca de Viana.
    Ademáis da cobertura destas vanse cubrir máis vacantes en función das necesidades das comarcas forestais.
  • Neste momento na Consellería do Medio Rural e do Mar hai 22 prazas libres sen ocupar por nadie, que son as seguintes:
    • 2 Axentes comarca forestal Baixo miño
    • 1 Axente comarca forestal O Condado
    • 1 Axente comarca forestal Terra de Lemos
    • 1 Axente comarca forestal A Mariña Occidental
    • 1 Axente comarca forestal Ordes Santiago
    • 1 Axente zonal  comarca forestal Ferrol
    • 1 Axente Territorial comarca forestal Ferrol
    • 2 Axentes 1 Axente zonal comarca forestal a Limia.
    • 1 Axente comarca forestal Baixa limia
    • 1 Axente 1 Axente zonal e 1 Axente Territorial comarca forestal Viana
    • 1 Axente e 1 Axente Zonal comarca forestal Verín
    • 1 Axente comarca forestal Valdeorras
    • 1 Axente Zonal comarca forestal Celanova

Por parte das organizacións instamos a que saquen primeiro as prazas por comisión de servizo e se non as quere ningún funcionario a que as cubran cun interino, e explicamos no caso que de Ourense ós Axentes non se lles autoriza ningunha comisión por non ser cubertas a posteriori. Solicitamos isto como parche mentres non se convoque un concurso de traslados, pero deixamos claro que a nosa petición é a de convocatoria dun concurso de traslados o antes posible.

  • Asignación dos Axentes do Servizo de Conservación a incendios, coméntannos as dúas consellerías que non teñen constancia de que estean solicitados. Exponse que se é necesario pasar ós Axentes de Conservación a incendios que sexa dunha forma regulada e mediante unha asdcripción. Pedimos que non se faga a dedo, que pasen todos dun xeito rotativo, que non pasen sempre os mesmos e que cando pasen que se lles dean os EPIs correspondentes e material adecuado.
  • Inclusión dos rotativos V-1 nos coches dos Axentes para que sexan veh
    ículos de emerxencia. Que todos os coches sexan os mesmos e que se renove a frota, comentan que en Medio Rural se van a quitar coches posto que nalgúns distritos o ratio é dun vehículo por Axente. Nos dixeron que estudarían o dos rotativos.
  • As organizacións sindicais pedimos que cando se elaboren leis que teñan que ser apricadas polos Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais que se escoiten as nosas propostas, que non pase o que pasou coa lei de montes e a de caza onde non se tiveron en conta para nada os Axentes Forestais e Medioambientais.
  • Inclusión dos axentes no 112, solicitamos a inclusión do corpo de Axentes Facultativos Medioambientais e Axentes Forestais nos protocolos de avisos do 112. Dixeron que o ían a mirar pero que podería ser factible.
  • Insístese na necesidade do recoñecemento do traballo dos Axentes Forestais e Mediomabientais e ponse de manifesto o noso malestar polo sucedido en lumes como o das Fragas do Eume, onde so parece que traballa a UME, e no que se levaron as medallas da investigación o Seprona cando os Axentes BIIF fixeron a investigación. O mesmo ocorre no ámbito de Conservación da Natureza onde se ningunean as nosas funcións e obrigas legais derivando o traballo cara outros corpos alleos á Administración autonómica.

Recórdase de que teñen que convocar máis a miudo e non unha reunión cada ano, así como facer máis mesas de traballo.

Recálcase que os temas de maior importancia para o colectivo entendemos que son os puntos 1, 2, 4 e 7.

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies