Resumo da xuntanza co Director xeral de Función Pública

O primeiro que se nos dí é que no Capítulo I para o ano 2010  non hai un peso. Que os acordos retributivos que están firmados (Veterinarios, pluses Vicepresidencia e Mar, entre outros; reclasificacións en Medio Ambiente, etc.)  respetaranse  pero non se poden aplicar agora  pola caída de ingresos. Pretenden aprazalos.

UGT está claramente en contra desta decisión. Entendemos que se deben facer esforzos para todos os colectivos, e en todo caso, deben reunirse as Comisións de seguimento  dos acordos e ver que se podería facer en cada caso. Sexa coma sexa, as decisións non deberían tomarse de forma unilateral.

Plantexa o tema do concurso de traslados para funcionarios. Estivemos de acordo. En todo caso veremos o que ofrecen, dado que están sin negociar as Rpts, e hai moitas prazas de LD que deben pasar a concurso.

Respecto do persoal laboral, pretenden convocar nun mes o concurso de traslados do grupo V, e seguir adiante coa oferta do 2008. Tamén nos asegura que se reunirán as mesas de seguimento dos acordos (algo hai porque a de veterinarios reúnese hoxe con Función Pública).

En relacións ás asistencias técnicas, asegúranos que as que son estructurais pasarán ó Capítulo I, e que queren cambiar o sistema de acceso a estes chiringuitos. Por suposto UGT mantense na defensa do emprego público.

Como vedes compañeir@s, máis do mesmo. Ou sexa, nada novo. Crisis, what crisis?.

{xtypo_feed}03-10-09 – UGT – Sector de Autonómica{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies