Resumo da xuntanza con Medio Rural e Medio Ambiente (31 – 10 – 07)
Tras un retraso dun mes na convocatoria desta reunión o resultado desta foi a seguinte:
Como sempre a voz cantante levouna o Secretario de Medio Rural e as súas apreciacións foron as seguintes:
- GRUPO C – O remate do 1º proceso non está nas súas máns (nin parece preocuparlles). A 2ª convocatoria, tras alegar problemas coa OPE di que será no 1º semestre do vindeiro ano xunto cun curso habilitante. Curiosamente complementouse esta información coa opinión dun sindicato de que os que actualmente non pasan ó C son os máis preparados.
- REGULAMENTO DO GRUPO C – Propoñen crear unha comisión técnica e que o regulamento reflexe tres aspectos, funcións, identidade e ámbito de aplicación.
- MUFACE – Dinnos que poderían solucionar que non se teña que perder as mutualidades mediante negociación co Estado ou cunha solución interna autonómica.
- ACORDO – Propoñen reeditar o actual acordo, negándose por completo a tratar os temas económicos e como moito só aceptarían modificar pequenos aspectos do devandito acordo, pero en ningún caso se falou de reducir o número de horas de traballo como di outro sindicato. Ademáis dixéronnos que estarían dispostos a negociar un acordo totalmente novo pero que teríamos que renunciar ó actual complemento específico, polo que recuperaríamos un sistema de gardas similar ó anterior acordo, no que se cobraba a razón das gardas feitas e a través do complemento de produtividade. E mentres esperariamos a que a Mesa Xeral dilucidase o tema do noso complemento especifico xunto co doutros colectivos da Xunta. Segundo os representantes das consellerías o tema do complemento específico na Mesa Xeral resolverase nun prazo curto de tempo, pero segundo a Directora Xeral de Función Pública a cousa vai para moi largo, de feito dubidaba que se fose tratar nesta lexislatura.
A Plataforma Sindical de Axentes Forestais de Galicia propuxo que se incorporase como asesora con voz mais sen voto a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia, algo que so contou co rexeitamento frontal dunha única organización sindical.
Polo tanto:
- Do prometido na última reunión (12/7/07) nada de nada. Pasou o verán e rínse do colectivo pois xa pasou o perigo…
- Dixeron que convocarían á comisión técnica nunha semana e sen que pasase un minuto: “temos que mirar as axendas”. Xa pasou máis dunha semana e como supoñíamos….nada de nada.
- Co retraso do cumprimento do grupo C levan aforrados máis de 400.000 € e agora que baleiraron a hucha con sobresoldos, gaiases, seagas, tragsas, etc., para nós seguir a cobrar guardias de 12 horas de día, noite, laboral ou festivo a 16 € brutos (dieta incluida).