Logo dun mes de retraso na convocatoria desta xuntanza, e ó igual que nas anteriores, fixo de portavoz pola Administración, o Secretario Xeral de Medio Rural, tratándose na mesma as seguintes cuestións:
– Acceso ó Grupo C: Expón que ó remate da 1ª convocatoria non está nas súas mans (nin parece preocuparlle), así como que a 2ª convocatoria, se levará a cabo no primeiro semestre de 2008, xunto cun curso habilitante. Neste punto cabe destacar que houbo un sindicato que cuestionou ós Axentes que acceden agora ó grupo C, argumentando que os que non pasaban ó grupo C, eran os mais preparados (sic.).
– Regulamento de funcións do Grupo C: Neste apartado propón crear unha comisión técnica, co obxectivo de que o regulamento recolla tres aspectos básicos: as funcións, a identidade e o ámbito de aplicación. Desde CCOO consideramos que a Administración debería presentar un borrador de regulamento xa pois o presentado seica non lles vale, e deixar de marear a perdiz coa creación dunha nova comisión.
– MUFACE: Sobre a garantía de seguir pertencendo a MUFACE, explica que se podería intentar solucionar mediante unha negociación a nivel estatal, ou buscando unha solución en Galicia, pero non concretou como, nin asumiu ningún compromiso o respecto, polo que máis ben se limitou a botar balóns fóra.
– Renegociación do ACORDO: Plantexa reeditar ou prorrogar o que hai e coas mesmas contías económicas. No caso de que plantexásemos melloras en aspectos económicos, remitirían a negociación á Mesa Xeral, onde habería que redistribuír as contías de xeito distinto partindo de 0 (CERO, ou sexa adeus ó Complemento Específico). E curioso que a actual progresía no goberno non entende o que significa a palabra negociación. A negociación para estes pseudo progres consiste en dar largas e marear a perdiz, ou aplicar o rodillo da imposición e da unilateralidade.
Para CCOO a conclusión é que:
- Nesta xuntanza non se avanzou nada e do prometido na xuntanza do día 12 de xullo, nada de nada. Pasou o verán e seguen intentando pasar do colectivo de Axentes Forestais.
- A proposta de creación da comisión técnica do regulamento, é un enredo máis para gañar tempo.
- O retraso no acceso ó Grupo C dos axentes forestais, supón un aforro de 400.000 €, diñeiro que están utilizando para pagar os sobresoldos dos Altos Cargos e Libres designacións da Consellería, así como para seguir engordando os “CHIRINGUITOS” (GAIASES, SEAGAS, TRAGSEGAS, ETC), mentres tanto pretenden que os Axentes Forestais, sigamos cubrindo gardas de 12 horas (en días laborais, en festivos e de noite) a 16 € brutos (dieta incluída).
O lamentable é que esta política “progre”, conta co aval dalgunha organización sindical máis preocupada por dourarlle a píldora que por sumar forzas para defender os lexítimos intereses laborais e económicos do colectivo dos Axentes Forestais.
Seguen producíndose incumprimentos:
- No pago das gardas do presente ano (hai provincias onde non se cobraron).
- Na prolongación unilateral do prazo dos 4 meses de horario extraordinario, saltándose o acordo en vigor e a propia comisión de seguimento, o que leva a acumular mais de 200 horas de exceso, sobre o horario anual regulamentario.
- Na utilización de técnicos e demáis persoal de SEAGA en labores de dirección de extinción, ou en tarefas propiamente de extinción/prevención, á marxe do persoal propio da Consellería, algo que contravén a lexislación en vigor.
Por último, si as Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, non modifica a súa actitude e reconducen os conflictos abertos pola vía da negociación, desde CCOO, conxuntamente coas demais organizacións sindicais, non descartamos emprender accións contundentes contra a imposición da prolongación unilateral do período extraordinario, contra a falta de pago das gardas nalgunha provincia, ou contra a usurpación de funcións que se esta producindo a través de persoal alleo a Administración.
ACCIÓN SINDICAL
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CC.OO. de Galicia{jcomments off}