Resumo das xuntanzas sindicais por Distritos
En datas recentes celebráronse en varios Distritos xuntanzas organizadas polos sindicatos UXT, CIG, CC.OO e CSIF, para debatir a actual situación do colectivo de Axentes forestais e medioambientais, tratando de recabar e aportar información ó respecto, así como propostas que se deberan levar acabo, entre outras.
A continuación, resumo en detalle e por Distritos as devanditas propostas, que foron realizadas tanto polos Axentes que acudiron ás xuntanzas como polos sindicatos convocantes.
Distrito I
- Definición de funcións, a través dun novo Regulamento.
- Creación dun cadro de enfermidades profesionais (eu creo que neste punto tamén se debería de incluir protocolos de protección para as mulleres embarazadas e en situación de lactación natural. Pero esto é só unha nota miña, non se falou en Ferrol).*
- En época de máximo risco adicarnos prioritariamente a incedios, ou incluso unicamente a incendios, dependendo do IRDI.
- Regulación concreta da asignación dos efectivos de conservación a incendios.
- Protocolos de actuación únicos para todos os procedementos e para todos os Ditritos iguais.
- Pedir oficina fóra do Distrito.
- Petición dos rotativos nos vehículos e máis medios (prismáticos,…).
- Facer folga de celo: colapsar co traballo (esto o propuxo unha persoa).* Requerir ó técnico en todos os incendios de nivel 1.
- Creación dunha estructura (ainda que este punto ó final non quedou moi claro, xa que se poñían problemas porque ó final quén vai os incendios?).*
Distrito II
- Que se denuncie o incumplimento dos horarios conforme o disposto no Acordo e que fagan horarios que sexan tal cual establece o propio Acordo.
- Novo Regulamento: descripción de funcións.
- Xa que non nos van a pagar máis, axustar o que traballamos ó que cobramos.
- Non acudir á Mesa de negociación, si os interlocutores non son os válidos para negociar.
- Non pasar os informes de investigación a outros organismos, enviálos directamente á Fiscalía.
- Proceso de integración para abril de 2013.
- Protocolos de actuación comúns para toda Galicia.
- Responsabilidade clara do xefe de extinción.
- Período de vacacións xullo, agosto e setembro (esto eu non o entedín ben, igual o collín mal).*
Distrito III
- Necesidade dun curso de inicio para o acceso ó posto despois do ingreso, que podería ser na AGASP.
- Facer especialidades e cursos de formación e acceso para os postos de nivel.
- Traballar en parellas.
- Cobertura de vacantes.
- Aumentar o ratio de vacacións no verán.
- Cumplir os horarios como establece o Acordo de traballo, unha semana de tarde ou de noite cada cinco semanas, en horario ordinario.
Distrito V
- Facer un escrito dirixido ós Conselleiros de ambas Consellerías (Medio Rural e MATI).
- Cursos de formación (formación en protocolos de actuación únicos para toda Galicia). Creación dun período de formación previo á execución de funcións.
- Relación de competencias e encaixar éstas cunha estrutura orgánica.
- Memoria de traballos anual.
- Presentación en powerpoint con esquemas das funcións e fotos.
- Recoñecemento público, por parte das Consellerías, da labor dos Axentes forestais.
- Realización de asambleas polos Distritos.
* Nota dos sindicalistas.
Non hai máis información porque carezo dela.