Resumo Mesa Xeral do 12 de xuño (CIG)

 

Como cuestión de orde, a CIG solicita a retirada da orde do dia do ponto 2º, Proposta de acordo retributivo dos Xefes Territoriais, e a convocatória de unha Mesa de negociación antes de tratalo na Mesa Xeral
Contesta o Director Xeral de Función Pública que en todo caso poderáse ter unha xuntanza previa á Comisión de Persoal, pero non se retira o ponto.
 
1.- Apróbanse as actas 2 e 3 do 2009 coas alegacións feitas, e queda pendente a nº 14 de 2008
 
2.- Proposta de acordo retributivo dos Xefes Territoriais

O Secretário Nacional,  comenza a intervención lendo a entrevista publicada no Faro de Vigo á Conselleira de Economia, na que “anuncia” a conxelación salarial para o persoal da Xunta no 2010. Manifesta  que é un insulto para os empregados públicos da Xunta de Galicia que teñen un salario que queda a anos luz dos 45.000 euros anuais que teñen estos señores, como o persoal dos rexistros, que con un salario de 18.000 euros anuais, levan dende xaneiro sen cobrar o acordo asinado, que supon “70” euros mensuais por ter unha xornada especial, porque este tema non é importante, e ainda se nos ningunea e se nos vacila, sen despostas ás preguntas a respeito deste tema, e sen información de ningunha clase.

A Administración pasa ampliamente de negociar o reparto do 10% da masa salarial para 0 2009, que isto si é importante para todos os traballadores e traballadoras

A primeira Mesa Xeral que convocou este goberno, naturalmente sen nengún tipo de negociación cos representantes dos traballadores e traballadoras da Xunta, foi a eliminación do galego, a segunda Mesa, tamén sen negociación previa, é para aumentarlle o salario aos xefes territoriais. ¿Cal será a seguinte?, ¿para subirlle o salario aos letrados, e despois aos directores  e directoras xerais?

E todo isto pola vía da imposición, sen negociación previa e sen contar cos traballadores e traballadoras e os seus representantes.

Propomóslle a Administración sentarnos a negociar un acordo de suba lineal desta cantidade proposta para os Xefes Territoriais para todo o persoal da Xunta. Si esto non se acepta, intrerpretarémos que con ista Administración únicamente hai imposición e non hai diálogo. Entenderemos que non se quere ter trato algún cos sindicatos, ou polo menos coa CIG, Sindicato maioritário na Administración Galega, mentres se fala con sindicatos afíns e próximos a Administración, que non representan mais que a unha minoria de traballadores e traballadoras. E isto ten un Nome: réxime ditatorial e totalitario.

Instamos á Administración que para cumplir co tan cacareado recorte e aforro en declaracións, mítines e saraos diversos, en datas próximas  nos convoque a unha Mesa Xeral para modificar a lei de Función Pública, e eliminar o plus de altos cargos, que iso si que sería aforro e solidariedade en tempos de crise…

CCOO, UGT E CSIF súmanse á petición da retirada deste ponto, e piden negociación.

3.- Xornada de verán

Informa a Consellería que houbo unha xuntanza previa, e que non habia novidade algunha.

A CIG manifestamos o agradecemento pola xuntanza previa, á vista do acontecido co tema anterior, pero insistimos na petición de convocatória de unha Mesa para negociar o regulamento da xornada de todos as empregadas e empregados públicos. Pedimos tamén que no prazo que hai ata a convocatória da Comisión de persoal, se aclare que se aplica a todo o persoal que o poda facer, incluido o Persoal Laboral que ten a xornada normal.

4.- Proceso selectivo de Axentes forestais

A CIG presentamos as alegacións por escrito, a respeito dos requisitos de titulación, a reclasificación no mesmo posto, que desapareza a fase de concurso. A Conselleria desposta que se están a estudiar as alegacións, e que se mirará nunha vindeira xuntanza previa á Comisión de persoal

5.- RPT IGE

A CIG felicitamos á Conselleria porque considera que a RPT é bastante boa, pero pedimos que se recollan os seguintes pontos:

  • as seccións que non sexan de Estatística, se abran ao grupo C
  • que se faga constar na RPT vacante si/non
  • que o posto de conductor pase a ser do grupo 3, ao que a Conselleria manifesta que está ocupada, e que está de acordo en que unha vez queda vacante, reclasificala
  • pedimos xustificación á inclusión de méritos, a Conselleria contesta que son únicamente 7 postos , e que consideran que deben ter unha formación e experiencia específica.
  • preguntamos o motivo da apertura de prazas a outras Administracións. Resposta a Consellería que tentan un acordo de reciprocidade con outras Comunidades Autónomas e a do Estado. Diante desta manifestación, pedimos que se teña en conta a presencia sindical nas negociacións de reciprocidade.
6.-  Manifestamos o noso desacordo coa apertura a docentes, a necesidade é relativa e mostra desconfianza da Conselleria co persoal Funcionario da Xunta.
En canto á Libre Designación, non hai nada que  xustifique que non sexa por concurso, e iso é o que pedimos. Con isto, ponse de manifesto que a estrutura organizativa é improvisada, xa que se reduce á supresión do Secretário Provincial e preguntámos en que consiste o aforro.

ROGOS E PREGUNTAS

  • Rogamos que que empecen a gobernar e a traballar, e a resolver todas as cuestións pendentes.
  • Pedimos que en aras da Transparencia e austeridade, que se nos de a relación de ex altos cargos que teñen solicitado o plus, e así todos os Galegos e galegas poderemos comprobar a solidariedade, Non contestan, naturalmente.
  • Tamén en aras da transparencia, pedimos a relación do persoal eventual contratado, coas titulacións requeridas e o salario que se paga a cada un Resposta: Nin media palabra, como era de esperar
  • Preguntamos cando van a cobrar os complementos acordados os veterinarios e o persoal de rexistros.Di Función Pública que o persoal de rexistros esperan solucionalo en breve, e o dos Veterinarios/as de Sanidade, informaranse de cal é o motivo de que non se lles pague
  • Qué pasa co concurso do IGE Contestan que se publicará neste mes
  • Colexios de educación Especial Carmen Polo e Santiago Apóstol. Preguntamos que pasa coas trasferencias de Conselleria previstas

Informa Benestar que a respeito do Carmen Polo non hai novidade algunha. Estase a cumplir o protocolo e o acordo, que indicaba a creación do centro de atención  Centro de Leixa no 1º trimestre do 2009, e que xa está creado. En canto ao grupo de traballo ou Comisión para a separación efectiva que se trasladará á RPT, esperan retomalo en breve. Isto indica que neste momento este tema está parado

Función Pública manifesta que a respeito da consolidación, estase a traballar para a creación de prazas, e verán de convocar en breve para convocar o proceso e o concurso do Persoal Laboral.

CCOO, volve á carga co das galescolas, e piden que os sindicatos estén presentes nas subcomisións que se vaian crear para o paso a Educación das escolas infantís  (Doforno dixit)

UGT pide a convocatoria das mesas de veterinarios, do persoal de incendios, e da Comisión Paritaria do acordo de Vicepresidencia para negociar as carteleras, jubilación anticipada e demais. Todo esto en un correcto e perfecto español de Valladolid, o mesmo Secretário Nacional da autonómica que hai unha semana pedía que non se eliminara o galego das oposicións…O que hai que ver.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies