Resumo Mesa Xeral do día 13 de marzo (CCOO)

 

No primeiro punto acórdase aprobar tódalas actas presentadas agás a número 14/2008 por unha reclamación feita polo CSIF, respecto ao seu punto número 1.

Respecto á RPT da Consellería de Pesca:

CCOO pregunta sobre se a Sección de Seguridade Alimentaria vai realizar funcións de inspección, ao que a Consellería responde que sí, que serán funcións de coordinación e inspección, para o cal están facultados tanto persoal veterinario como persoal biólogo.

 
En canto ás prazas de Inspectores e Subinspectores pesqueiros que se crean en Santiago, deixamos constancia de que ao noso entender a súa creación sería máis axeitada en localidades do litoral, como A Coruña, Vigo, Vilagarcía ou Muxía. Dende a consellería manifestan que o ter a inspección centralizada lles parece mais axeitado e que non son o único exemplo de centralización das tarefas de inspección (inspección turismo, inspección de centros de vicepresidencia, …).

Tamén reclamamos que alomenos unha das prazas que se amortizan de Xefes de Unidade Operativa se poñan nalgunha Base da Ría de Muros por considerar que é necesario polo volume de traballo. A Consellería responde que esas modificacións entran nas súas funcións de autoorganización, e considera que esta modificación é a axeitada ás súas necesidades.

No caso da Sección de Control, no que solicitamos a definición das súas funcións, din que serán funcións de control de carácter técnico dentro da unidade administrativa.

Por outra banda, e habendo xurdido dúbidas nesta Mesa Xeral sobre a legalidade do nomeamento de interinos en postos sen crear, a Consellería aclara que a súa contratación fíxose con todas as autorizacións perceptivas. Ademais matizan que esta modificación da RPT ven dada pola necesidade de adoptala á Lei 2/2004, co fin de que no futuro puidera realizarse concurso de traslados e tomas de destino definitivas, intentando dar deste xeito unhas maiores posibilidades de carreira profesional ao persoal da escala.

En rogos e preguntas:

Destino definitivo do grupo E: mentres non haxa un concurso de traslados non dispoñen do número de prazas suficiente para facelo efectivo.

Modificación da OPE 2008: están a ver se un Goberno en funcións pode aprobar unha modificación deste Decreto.

Proceso consolidación persoal laboral: Comunican que non van seguir co tramite, que xa non lles corresponde a eles.

En canto á RPT do IGE e da Consellería de Traballo entenden que modifican a actual estrutura e por tanto nestes momentos non cabe seguir cos tramites para a súa publicación.

Tamén teñen previsto actualizar a páxina web cos diferentes Decretos de estrutura, RPT actualizadas e as actas das Mesas Xerais.

 
 
ACCIÓN SINDICAL SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies