Resumo xuntanza 13-05-09

 

RESUMO DA XUNTANZA DO DÍA 13 DE MAIO DE 2009 CO DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA.
 
ASISTEN POLA C.I.G.:
  • MANUEL G. CANITROT
  • FERNANDO GARCÍA.
Oposicións Promoción Interna funcionarios/as
Houbo que “desbloquear” os procesos tanto pola restricción do gasto como polo cambio de expte á Consellaría de Facenda. Se están ultimando todas para sair no DOG.
Aínda están estudando as datas dos exames si van ser antes ou despois do verán. O que si teñen claro é que si non da tempo a facer todas antes do verán serán para despois.
A semana que ven saíra unha previsión.
 
Oposicións Libre e Consolidación
Están tamén a punto de nomear os tribunais para Libre e Consolidación.
 
Concurso de traslados laborais
Vaise a respetar a OEP do 2008  e vaise convocar o concurso de traslados de laborais, empezando polo grupo V. As previsións é que se fagan todos os procesos coordenados no tempo, Consolidación de Emprego, Concurso de Traslados e Oferta de Emprego.
 
Concursos de Traslados Xeral, corpos especiais e escalas
Tamén teñen intención, ainda que non aclaran cando de convocar os concursos de corpos especiais e escalas e finalmente o Xeral de traslados.

Consolidación de grao

Van a poñer en marcha o proceso de consolidación de grao par ao C1.

Mesa de negociación do grupo E

Trasmitímoslles a nosa petición de que se constitúa a Mesa de negociación do grupo E que xa tiña que estar en marcha dende o 2º semestre do 2008.

Acordo retributivo

 En breve nos chamarán para negociar o reparto do 10% do 2009.
Sobre unha negociación dun novo acordo retributivo deixan o tema en suspenso.

Organización e estructura da Función Pública

 Pedímoslle que se constitúa a mesa recollida no acordo salarial do ano 2006 para a: funcionarización, carreira profesional e promoción dos empregados públicos, estructura de función pública, seguimento da temporalidade, xornada de traballo, etc….
Comprométense a crear unha comisión de estudo

F.A.S.

Se vai publicar este mes

Sentenzas trienios

 Non van a abonar os trienios anteriores á entrada en vigo do EBEP, polo que o proceso rematará no contencioso-administrativo.

Persoal eventual e estrutura territorial

Manifestámoslle a nosa preocupación polos indicios de medre deste tipo de persoal, en especial nas delegacións territoriais.
 
 
Compostela, 13 de maio de 2009.
 
 
 
CIG
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies