Resumo xuntanza co Director xeral de Función Pública 14-05-09
Lei da Función Pública e desenrolo do EBEP
O Director transmite a intención de reforma-la lei e realizar unha adaptación completa do EBEP.
Abordamos un dos aspectos con máis impulso dende a nosa organización que é o desenrolo dunha carreira profesional para tódolos empregados públicos.
Nas vindeiras semanas F.P. vainos propor un calendario de desenrolo das negociacións.
A funcionarización articularase na lei, pero non a contempla ata acada-lo proceso de consolidación e estabilización.
Concurso de traslados, funcionarios e laborais
Funcionarios: Corpos xerais trataríase de comeza-las negociacións no derradeiro trimestre do ano en curso, opuxémonos alegando que as bases terían que haber sido publicadas no mes de xaneiro.
Laborais: Abordar primeiro o concurso do grupo V e despois o resto de grupos, iniciando este concurso no terceiro trimestre do 2009. No mes de xuño empezarase co tratamento das prazas vacantes para o concurso do Grupo V.
Plan de Mellora do Emprego na Administración Pública Galega
Esencialmente cumprilo tal e como está deseñado, darlle velocidade a OPE de laborais (consolidación e libre). As datas previstas figuran na páxina de información da F.P.
Concurso de traslados das escalas que non impliquen aos veterinarios
Se fará a negociación das escalas que son pequenas en numero de efectivos e nos convocará no menor tempo posíbel.
Aplicación do acordo de veterinarios
O director vaise poñer en contacto coas Consellerías afectadas para retoma-lo asunto nas vindeiras semanas e convocar ás duas OO.SS. asinantes do acordo.
Fondo de Acción Social 2008 e 2009
Publicación antes de final de Maio e o pago realizarase no 3º trimestre do 2009.
Promoción interna funcionarios, publicación
Non pode precisa-la súa publicación, será nas vindeiras semanas pero a evidente falla de previsión neste asunto vai facer que pasen máis de dous anos dende a toma de posesión da anterior promoción interna.
Integración do persoal das Illas Atlánticas
Pendente da Comisión Paritaria do V Convenio Colectivo, a postura de UGT segue sendo a mesma, un acordo de integración para tódalas categorías igual e negámonos en rotundo á creación da categoría de PSX que tivo os apoios das demais OO.SS.
Proceso de integración dos axentes forestais ao grupo C-1
Recordámoslle á Administración que a data máxima para cumprir o que dicta a lei é o 15 de Xullo para realiza-lo proceso de integración deste colectivo, dixo non ter ningunha noticia e que vería como estaba o tema.
OPE legoeiros
Transmítenos que esta oposición vai para adiante de maneira inmediata.
Acordo retributivo persoal funcionario e laboral da Xunta
Respecto ao reparto do 10 % da masa salarial para o persoal laboral mantense o acordado respecto ao incremento do plus de especial dedicación e farase efectivo no mes de Xuño.
En canto a funcionarios xa que non houbo acordo, retomaranse en Xuño as negociacións, e a administración faranos unha proposta.
RPT de Traballo
Non vai a mesa Xeral, polo que volve á Consellería para adaptala á nova estructura da Xunta.
RPT do Mar
Propuxemos pola nosa parte que lle deran para adiante, chegamos a uns acordos de pluses para determinadas categorías que queremos que se fagan efectivos, manifestou que ten que tratalo coa Consellería pero si existía acordo respectaríase.
RPT Cultura
No mesmo senxo que a Consellería do Mar.
OPEs pendentes, consolidación e libre
Preguntámoslle sobre a Ope 2009, e responderon que visto a situación económica e a cantidade de procesos pendentes polo acordo de ordenación e mellora do emprego público (consolidación, libre, estabilización e funcionarización), non vían moi sinxelo levar a cabo unha nova Ope.
Plantexaron a posibilidade dunha Ope combinada 2009 – 2010 co seguinte criterio que sona como o idealismo máis profundo dende a época dos grandes filósofos presocráticos.
A idea é que queren rematar coas asistencias técnicas que existen actualmente na Administración e mover eses cartos do capitulo Sexto para o Capitulo Primeiro nos presupostos, deste xeito repercutirá na creación de Emprego Público.
Manifestamos o noso total acordo, forma parte das nosas reivindicación sindicais principais, non obstantes estaremos atentos por que moito nos creemos que non será así.
Saúde Laboral e Prevención de Riscos Laborais
Solicitámoslle o noso especial interese na reactivación dos Comités e constitución dalgúns que ainda están inoperativos, pedímoslle que sexan impulsados e se cheguen a avances profundos na toma de medidas preventivas e correctoras.
Non pode quedarse esta administración cos mínimos legais, e dende a nosa organización estaremos moi atentos para realiza-las denuncias pertinentes ante calquera indicio de infracción.
Responderon que a súa intención é impulsar estes asuntos, ¡¡XA O VEREMOS!!
Listas de Contratación, funcionario e laborais
Existen moitos problemas e é preciso abri-lo tema. Pedímoslle que abra unha mesa para chegar a un novo acordo, respondeunos que lle parecía ben e que estaban de acordo con elo, así mesmo dixémoslle que estaban sen constitui-las comisións provinciais, e cando menos deberíase publicar na paxina web da Xunta as resolucións de dita comisión para unha maior transparencia.
Mesa de seguimento do acordo da Consellería de Educación
Fixémoslle ver que existen problemas e a comisión debería de retoma-lo seu traballo.
Mesa de seguimento do acordo dos centros dependentes da Consellería do Benestar
Solicitamos que se convoque a mesa de seguimento do acordo e lle fixemos ver os acordos acadados no seo da mesa. Remitirá a nosa reivindicaci
ón a Consellería e volveu a dicir que respectarían tódolos acordos asinados.
Consello asesor discapacitados
Co cambio de goberno quedou en estacionario e queremos que se retome, estaba constituído e pendente de comeza-los traballos dos diferentes grupos establecidos.
Con respecto ao V Convenio Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia desexamos trata-los seguintes temas.
Nestas mesas soamente temos participación os asinates do V Convenio e hai moitos temas que abordar, agás o Comité Intercentros.
Comisión Paritaria de Vixilancia e Interpretación do V Convenio para o Persoal Laboral da Xunta
Expuxemos que se retome na maior brevidade posible, pois temos temas que tratar, respondeunos que así se fará.
Comisión de seguimento do servicio de prevención e defensa contra incendios forestais
Existen ainda problemas herdados sen resolver coma os cuadrantes e o impago da nocturnidade, reclasificación de categorías, problemas que deberíanse abordar antes do comezo da campaña de incendios xa moi próxima.
Respondeu o Director que este tema o trataría na maior brevidade posible, pois lles preocupa moito este colectivo.
Mesa de traballo sobre xubilación anticipada e parcial
Constitución desta mesa. Pódese trazar un plantexamento nun marxe de tempo.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Fixémoslle ver a nosa inquedanza sobre temas como os complementos para os centros de investigación, viveiros e persoal de campo, excepto o servicio de incendios. Tamén solicitamos a constitución da Comisión de seguimento do acordo dos técnicos A1 e A2, dado que xa houbo situacións de emerxencia e ainda non está constituida a comisión de seguimento.
Acordo de axentes forestais
Convocarásenos de seguido para seguir negociando.
Consellería do Mar
Negociación Lei de Pesca.
Volverá a convocar ás OO.SS. para negociala, fixémoslle ver o noso rechazo nas mesas correspondentes.
Futuro dos centros de pesca (Intecmar, Cima, etc…)
Van seguir como están ata agora, fixémoslle ver a nosa preocupación polos empregados públicos que están neses centros, quedou de falar de esto connosco, canto teña un maior coñecemento sobre o tema.
Consellería de Traballo e Benestar
Sobre o Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar, preguntámoslle cal vai se-la decisión do goberno, dixo non ter nada pechado nese tema, que a complexidade do persoal era moi grande, pero se nos informaría tan pronto tiveran unha decisión tomada, de igual xeito falou sobre a empresa Seaga.
Rede de Escolas Infantís propias, que con casi toda seguridade pasarían a Educación, pero a decisión ainda non estaba tomada, polo tanto esto é con moita cautela.
Varios
Así mesmo se trataron temas como Eleccións Sindicais, Situación do V Convenio Colectivo, e sobre as sentenzas do plan de consolidación que neste intre xa están sendo a favor do acordo que ten a administración con as OO.SS. asinantes, e polo tanto seguirá o seu curso normal. E fixemos fincapé en que a Función Pública foxe máis transparente, e que antes de que a información a teña ningún sindicato se publicite na páxina web da Xunta.
José Francisco Núñez Rodríguez
Sº Nacional Sector de Autonómica da FSP-UGT Galicia