Resumo xuntanza Mesa Xeral

 

– AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS –
– MODIFICACIÓN DA RPT DA CMADS –
 
As intervencións da CMADS foron (Lourdes Batán):
Inclúese a subida do complemento específico e de apertura ó grupo C para a totalidade de prazas de Axentes Forestais en aplicación dos acordos acadados no ano 2004. O caso das catro prazas de Lourizán e que en principio non se acollían ó acordo tamén están afectadas por esto último e os efectos económicos para as mesmas teñen carácter retroactivo a 1/1/2008, (o que para CCOO é unha boa noticia, pois
levabamos pelexado por este asunto xa fai anos. Agora so falta que os poucos afectados polo mesmo tema e que pertencen a Medo Rural tamén se dignen a recoñecérllelo).
O Secretario Xeral da CMADS:
As amortizacións de prazas son so sobre vacantes puras.
Non inclúen o traspaso de persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas e que afectan a 15/16 prazas de funcionarios e outras 15/16 prazas de laborais así como as asistencias técnicas.

Intervencións sindicais:
Crítica xeralizada ó alto contido de asistencias técnicas nesta consellería

CCOO sobre Axentes Forestais:
Non aparecen a columna de vacantes, no listado que temos aparece 1 praza de Axente Coordinador/a
Predio co nivel 18 e con Complemento específico de 5.600,53 € cando debía aparecer con 10.425,61 en aplicación do que dixera a CMADS.
A nosa oposición á unificación de determinadas comarcas pois pode acarrear prexuízos ós traballadores afectados tanto pola ampliación do ámbito territorial como á hora de ter que asinar os partes de entrada e saída ou a recollida e depósito dos medios de traballo.

UGT: Practicamente nada en relación cos Axentes Forestais.
CIG: Idem. Seica estiveran moi ocupados o día anterior cos seus “actos”.
CSIF: Só agradece que esta RPT fose negociada “de forma real” agradecendo a disposición da consellería neste procedemento.

Resposta do Secretario Xeral da CMADS: precisamente o retraso na tramitación desta RPT foi pola aberta e prolongada negociación da mesma.
En xaneiro presentarán unha proposta de estructura cos mínimos para poder prestar os servizos e poder funcionar e nos que se analizarán os postos necesarios para isto, recoñecendo o alto grado de asistencias técnicas, e que con iso tentarán minimizalas.

En definitiva: á nova RPT da CMADS só lle queda o trámite da Comisión de Persoal (23/12/08) e a súa publicación no DOG. Tras isto será convocado un concurso de traslados para as escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais que calculamos sairá na 1ª quincena de xaneiro.

 
 
ACCIÓN SINDICAL
ÁREA PÚBLICA de CCOO de Galicia {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies