Resumo xuntanza Sindicatos – Medio Rural (01-07-08)
De novo, tras incumprir as súas propias palabras e promesas, mes e medio mais tarde celebrase unha nova xuntanza, na que presentan a mesma proposta que no mes de maio, consistente en:
- Crear postos de Axente Inspector Provincial (4 postos que seguen a ser LD) e de 19 Axentes Subinspector de Distrito, reconvertendo prazas actuais de axentes e axentes zonais. É dicir cun custe CERO.
- Reclasificar os actuais postos de Axentes pasando todos eles a Axentes Zonais pero mantendo os mesmos niveis actuais, ou o que é o mesmo Zonais de nivel 16 e Zonais de nivel 14 (INFUMABLE E INCOMPRENSIBLE).
- Recortar dereitos sobre o actual acordo de prestación de servizos, horarios, vacacións, permisos e licenzas, medios, integración no grupo C (INACEPTABLE EN TÓDOLOS TERMOS).
- Ofertar a cambio unha compensación económica de aproximadamente 600.000 € (uns 110 € brutos por mes e axente, en productividade)
Para CCOO esta proposta aparte de ridícula é un insulto. Non so non ofrecen ningunha mellora con respecto o anterior acordo, senón que pola contra pretenden retirar no posible aqueles dereitos adquiridos como a posibilidade de vacacións en agosto ou mesmo calquera posibilidade de collelas no caso de “emerxencias” (= Ourense todo o verán). Aínda por riba a compensación económica propoñen que sexa en “productividade en base ó cumprimento de obxectivos fora da tempada de máximo risco” o que tamén se denomina “caciqueo” dos xefes de turno cos seus peculiares “traballómetros” (se quero cobras e senón quedas como estás). O escaso compromiso desta consellería apréciase cando din que “procurarán” facer a seguinte convocatoria de pase ó C.
Ante semellante despropósito CCOO rexeitou esta proposta no seu conxunto e solicitou en particular a retirada de determinados aspectos como a pretensión de manter diferentes niveis dentro dos axentes zonais.
Seguimos a traballar dende a Plataforma Sindical, da que como todos sabedes se autoexcluíu a CIG, para forzar unha nova proposta das Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente que dea resposta as demandas dos Axentes Forestais/Medioambientais.
Tamén esiximos a incorporación real a esta mesa de negociación da Consellería de Medio Ambiente, pois desde CCOO defendemos que o acordo que se acade será de aplicación a toda a Escala de Axentes Forestais/Medioambientais.
Si nas vindeiras datas non hai un cambio drástico na posición das Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, que permita avanzar cara acadar un acordo positivo para o colectivo, desde CCOO imos propoñer na plataforma sindical celebrar asembleas informativas, co obxecto de informar da situación da negociación o conxunto dos Axentes Forestais/Medioambientais.
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia{jcomments off}